Novas

A exposición sobre os 50 anos da Casa de Rosalía poderase ver en Padrón ata o 24 de febreiro

9 Feb 2022 | Turismo

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández; o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; e a concelleira de Cultura, Lorena Couso, inauguraron a exposición A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía. A mostra repasa a historia deste museo e lembra o fito que supuxo en pleno franquismo conseguir mercar, restaurar e musealizar a Casa grazas á colaboración de milleiros de persoas.

A exposición, que se pode visitar na praza Ramón Tojo (tamén coñecida como praza do Alfolí), está xusto a carón da casa onde viviu Rosalía de nena en Padrón, agora desaparecida, aínda que unha placa recorda ese feito na antiga Rúa do Sol (hoxe Rúa Juan Rodríguez, 4). Alí Rosalía pasou unha etapa decisiva da súa infancia, polo menos dos 4 aos 10 anos canda súa nai e probablemente tamén cos seus avós maternos. Logo foi tamén unha escola, á que asistiron o poeta Manuel Antonio ou o pintor Carlos Maside.

Esta mostra exterior, comisariada por Pepe Barro, tamén autor da museoloxía da Casa-Museo, fai un repaso pola historia do edificio sede da Fundación, que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. O Patronato Rosalía, creado en 1947, converteuse en refuxio do galeguismo, con actos como a Misa de Rosalía en Bonaval, que eran auténticos encontros de afirmación galeguista. Nin sequera o franquismo puido facerlle fronte á vontade popular de recuperar esta Casa.

Daquela participaron centos de persoas anónimas de Galicia a partir da proposta de José Manuel Rey de Viana, organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na emigración, uníronse máis de 70 concellos, varios bancos, equipos de fútbol e innumerables asociacións de todo o país.

A exposición, que despois viaxará ata Lugo antes de itinerar por cidades e vilas de todo o país, está patrocinada pola Xunta de Galicia e o Concello de Padrón. Antes de chegar á capital do Sar xa se puido ver na Coruña, Pontevedra e Santiago.

 

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.