Camiño da Pedronía
Peregrina a Padrón
Tradición Xacobea
Dende o ano 2010 o Concello de Padrón concede o diploma da “Pedronía”, unha credencial propia na lembranza do desembarco do corpo do Apóstolo nestas terras e da antiga tradición xacobea medieval segundo a cal os peregrinos, tras visitar a tumba do Apóstolo en Santiago de Compostela, peregrinaban Padrón para coñecer o punto sagrado de desembarque do seu corpo.
Obtención da Pedronía
É preciso realizar algunha das seguintes rutas de peregrinación:
- O camiño de Santiago de Compostela a Padrón
- Un camiño desde calquera localidade da Ría de Arousa a Padrón (vía marítima –fluvial)
- Un camiño desde calquera concello distante de Padrón un mínimo de 18 km.

Obtén a Pedronía
Requisitos
1. Obter a credencial. Pódese descargar e imprimir a credencial “CARTA PARA A OBTENCIÓN DA ACREDITACIÓN DA PEDRONÍA”. Tamén pode solicitar esta documentación na oficina de turismo de Padrón.
2. Cubrir os datos persoais e selar a credencial no concello de saída.
3. Á chegada a Padrón, selar a credencial na igrexa de Santiago de Padrón, ou na igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia.
4. É recomendable visitar os todos os lugares xacobeos: o Pedrón e a igrexa de Santiago de Padrón; a fonte do Carme, coa representación da Traslatio e do bautismo da raíña Lupa; e Santiaguiño do Monte, identificado como o lugar onde o Apóstolo predicaba e se agochaba dos seus perseguidores e a igrexa de Santa María de Iria Flavia, antiga sé episcopal.
5. Solicitar o diploma da Pedronía na oficina de turismo, no albergue municipal de peregrinos.
Explora a ruta
A Pedronía