Novas

O Concello de Padrón distinguirá a José Antonio de la Riera como Peregrino de Honra

13 Xul 2023 | Turismo

O Concello de Padrón distinguirá a José Antonio de la Riera Autrán co premio Padrón, Berce do Xacobeo, un galardón que implica o seu nomeamento como Peregrino de Honra e que o acredita como embaixador padronés e do Camiño.
O acto, que se enmarca na celebración do Día do Peregrino, desenvolverase o venres 21 de xullo, a partir das 12.00 horas, na igrexa parroquial de Santiago de Padrón.
Nado en Vigo en 1953, José Antonio de la Riera Autrán é fundador da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS), entidade que foi recoñecida co Premio Elías Valiña 2004 á recuperación dos Camiños de Santiago, un premio que conceden a Xunta e o Comité Internacional de Expertos do Camiño. Ademais é fundador da FICS e actual vocal de comunicación da Fraternidad Internacional del Camino de Santiago, que acolle a peregrinos de 29 países.
Con esta distinción, o Concello de Padrón pon en valor tamén a experiencia como peregrino e hospitaleiro de José Antonio de la Riera, unha das persoas máis implicadas no estudo, na conservación, na defensa e na promoción do Camiño.
O premio Padrón, Berce do Xacobeo foi instaurado no ano 2017 polo Concello padronés para destacar o traballo realizado por persoeiros relevantes a prol do Camiño, co obxectivo de que exerzan ademais como embaixadores de Padrón nas rutas xacobeas. O premio tamén tributa un recoñecemento simbólico aos peregrinos que diariamente transitan pola vila así como para insistir na relevancia de Padrón na propia tradición xacobea.
Persoeiros tan recoñecidos como o periodista radiofónico Pepe Domingo Castaño (2017) ou o estudoso do Camiño de Santiago Manuel Garrido Rivero (2018) preceden esta sexta edición.
Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.