Novas

Padrón organiza un curso de interpretación do patrimonio para fomentar a creación de novos produtos turísticos

10 Abr 2024 | Turismo

O Concello de Padrón abre o prazo de inscrición nun curso gratuíto de interpretación do patrimonio que ten como finalidade animar e axudar a persoas e empresas a crear un produto turístico centrado na vila padronesa e comezar a comercializalo. O curso, que combina a asistencia presencial co seguimento por internet, consta dun total de 35 horas e comezará o martes 23 de abril. O prazo para anotarse remata o venres 19.

“Interpretación do patrimonio cultural e natural do Concello de Padrón” é o título do curso co que o Concello quere dar un paso máis de cara a fomentar un turismo de calidade. Está orientado a profesionais vencellados ao turismo, como xestores do patrimonio, guías, educadores turísticos e ambientais ou propietarios de establecementos, pero tamén a calquera persoa que estea interesada en coñecer máis polo miúdo  o patrimonio padronés. Composta por cinco módulos, a formación tratará sobre todos os atractivos de Padrón dende diferentes ópticas e ofrecerá, a maiores, as bases para crear un produto turístico.

O primeiro módulo, que se desenvolverá entre o 23 e o 25 de abril, centrarase nos aspectos culturais, literarios e gastronómicos. O segundo abordará, entre o 7 e o 10 de maio, recursos naturais como o Xardín botánico ou o río Ulla. O terceiro centrarase no Camiño de Santiago entre o 15 e o 17 de maio. E o cuarto e o quinto ocuparanse, respectivamente, da creación de produtos turísticos e da aplicación de tecnoloxías en turismo.

As sesións, que contarán con diversos ponentes expertos en turismo, incluirán visitas e prácticas. As prazas, limitadas, outorgaranse por orde de inscrición na dirección de correo electrónico turismo@padron.gal. As persoas interesadas poderán obter máis información chamando ao número de teléfono 677 347 259. O prazo de inscrición remata o venres 19 de abril.

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.