Mercado Dominical

O mercado de Padrón é un dos máis populares e concorridos de Galicia. A súa sona atrae cada domingo a milleiros de visitantes de todas as idades procedentes tamén doutras comunidades, algúns na compaña da familia ou amigos, e outros en grupos de excursións.

A orixe deste mercado popular remóntase a tempos inmemoriais, xa na idade media estaba considerado un dos máis importantes de Galicia, e centrábase principalmente na venda de gando e outras mercadorías.

Na actualidade, a variedade de produtos que se poden adquirir no mercado de Padrón é unha das súas principais sinais de identidade. Aquí atopamos artigos téxtiles, calzado, complementos, unha grande diversidade de produtos de alimentación como froitas e verduras de tempada, queixos, embutidos, licores, sen esquecer todo tipo de apeiros de labranza, mobres, e outros curiosos artigos.

O outro grande protagonista do mercado de Padrón é o polbo á feira. Os fogóns das polbeiras e o seu tentador cheiro marcan a hora do petisco: polbo, churrasco, vermú, viño e café. Que máis se pode pedir?

#PadrónGastronómico #PadrónGourmet 

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.