Camiño de Santiago

En Padrón SOMOS berce do Xacobeo,  #CamiñodeSantiago… Neste apartado recomendámosche algunhas das rutas que podes realizar en varios días. E se só dispós dunha xornada podes descubrir o Camiño de Santiago a Padrón: #Pedronía #PadrónXacobeo

Padrón garda unha forte vinculación co Camiño de Santiago e coa figura do Apóstolo. Foi nestas terras onde, segundo narra a tradición xacobea, Santiago o Maior predicou o Evanxeo, feito polo cal, logo do seu falecemento en Haffa (Palestina), o seu corpo foi traído por dous dos seus discípulos, Teodoro e Atanasio. Teodoro e Atanasio emprenderon entón unha singradura co corpo do Apóstolo ata o Porto de Murgadán, Iria Flavia, onde, á súa chegada, a súa barca é amarrada a unha ara romana situada no río Sar, o Pedrón, que actualmente se atopa baixo o altar maior da Igrexa de Santiago, no municipio de Padrón. Deste xeito, Padrón pasou a converterse no “Berce do Xacobeo”, feito do cal dan testemuño diversos elementos patrimoniais que podemos atopar no municipio.

Padrón, como vila medieval, nace nun cruce de camiños, lugar de peregrinacións desde a Idade Media. No municipio existen varios Camiños de Santiago que se cruzan: o Camiño Portugués, que presumiblemente xa existía na época altomedieval; a Ruta do Mar de Arousa e o río Ulla, que conmemora a chegada a Galicia por mar do corpo do apóstolo Santiago, e o Camiño da Pedronía

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.