Descubre Padrón

En Padrón somos camiño e destino. Somos parada de varias rutas dos Camiños de Santiago, e tamén somos destino: fin dunha das rutas máis ancestrais como é o Camiño de Santiago a Padrón ou Camiño da Pedronía que dende antigo fan os peregrinos para descubrir o lugar ao que chegou a barca de pedra que trouxo os restos mortais do apóstolo Santiago #PadrónXacobeo.

Tamén nos coñecen internacionalmente grazas ao pemento de Herbón, pero temos moitos máis produtos como a lamprea, e outros innovadores que crean a marca Padrón, somos gastronomía!  Padrón é  lugar de referencia comarcal para mercar coa nosa tradicional Praza de Abastos, e as nosas tendas de comercio local onde podes atopar todo o que precisas #PadrónGastronómico.

E somos literatura! #PadrónLiterario #PadrónCultural. Contamos cunha longa e histórica tradición literaria, somos berce de autores como Rosalía de Castro ou o Nobel Camilo José Cela. E natureza! #PadrónNatural Temos un xardín botánico artístico considerado un dos máis antigos de España, no centro da vila. E a nosa terra ofréceche  recunchos máis afastados do centro para pasear, desconectar, relaxarte… ou ver o solpor no lugar onde se xuntan as augas dos ríos Sar e Ulla.

Máis motivos para que veñas coñecer Padrón?  Non hai mes sen festa! Somos vida! Ao longo de todo o ano organizamos eventos, feiras, espectáculos para todos os públicos, concursos… consulta a nosa axenda #PadrónVive #Axendacultural.

E para rematar, decirche que somos xente afable, enxebre e auténtica…

Por todo isto… en Padrón, SOMOS camiño e destino. Ven descubrirnos!

Padrón Turismo
Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.