Cando chove

Recomendámosche visitar os nosos dous museos para estes días de chuvia. A menos de cinco minutos camiñando desde o centro urbano e xusto enfronte á igrexa de Santa María de Iria Flavia atoparás a Fundación Camilo José Cela que alberga o legado deste autor nunha exposición permanente organizada de forma cronolóxica e que ten como sede un edificio de relevante valor histórico.

“Entre estas paredes de piedra […], se hace realidad mi sueño de devolver a la tierra gallega todo cuanto me dio y que es fehaciente muestra, la inequívoca señal de que he vivido”.

Camilo José Cela

Fundación de Camilo José Cela en Padrón

Hai que destacar tamén que este Museo conta cunha programación educativa adaptada aos diferentes ciclos educativos coa fin de divulgar a figura e obra do Nobel: visitas didácticas, talleres, actividades…

Podes realizar un paseo literario por Padrón seguindo os lugares vinculados a Camilo José Cela.

Máis información:

 

Outra alternativa é dirixirte á Casa Museo de Rosalía de Castro situada a uns minutos a pé do Xardín Botánico Artístico. Nela viviu a autora os últimos anos da súa vida e tamén é representativa dunha casa rural da súa época.

“Dicen que no hablan las plantas, ni las fuentes, ni los pájaros…”

En las orillas del Sar, 1884

Neste espazo de dúas plantas organízase un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía: a súa historia,  familia e obras a través da tecnoloxía, mobiliario, documentos e outros obxectos.

Máis información:

fundación rosalía de Castro en Padrón

Se buscas deporte e/ou actividades compatibles coa chuvia, en Padrón contamos con varias empresas que poden organizar o que buscas se vés en familia, con amigos, coa parella, ou só!

E non podes marchar sen probar as comidas que preparan os nosos establecementos de hostalería e comprar algún dos produtos gourmet que temos en Padrón.