Padrón Literario

En Padrón SOMOS #Literatura… Neste apartado levámoste a descubrir os autores de Padrón. Rosalía de Castro, Camilo José Cela, Macías o Namorado, pero hai máis… Coñéceos! #PadrónLiterario

Padrón é unha vila que conta cunha longa e histórica tradición literaria, sendo berce de autores do porte de Macías o Namorado, trobador medieval (s. XIII–XIV), Juan Rodríguez de la Cámara ou de Padrón (1390-1450), a universal poetisa Rosalía de Castro (1837–1885), Nicasio Pajares Ojeros (1881-1956), Manuel Vázquez Castro, coñecido por ‘Manuel Barros’ (1844–1888) ou o premio Nobel de Literatura, Camilo José Cela (1916–2002).

Durante o mes de maio, o Concello de Padrón, co apoio das principais entidades culturais locais, organiza o Padrón Literario, unhas xornadas de divulgación da literatura padronesa que contan cunha ampla programación dirixida a público de todas as idades, involucrando especialmente ao público infantil. Obradoiros, presentacións, recitais ou concursos literarios son algún exemplo das actividades destas xornadas que, con cada edición gañan en boa acollida e participación.

 

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.