Zona comercial de Padrón
A zona comercial expándese polo peonil casco histórico e pola zona urbana cunha ampla e diversa oferta.
Se falamos de moda, en Padrón podemos atopar negocios de tradición como tendas de roupa, zapaterías, mercerías, tendas de deporte e de complementos. Bazares, droguerías, tendas especializadas en xoguetes e mascotas son tamén un punto forte do comercio padronés que atrae unha clientela moi variada.
No ramo da alimentación, Padrón conta cunha importante representación das principais cadeas de alimentación nacionais, xunto a outras tendas de produtos gourmet máis especializados. Cómpre mencionar tamén a popular praza de abastos e a frescura dos seus produtos de proximidade, así coma o mercado dominical de Padrón, famoso por ser un dos máis antigos e extensos de Galicia.