Praza de abastos

Un punto de Padrón que tamén concentra unha gran cantidade de visitantes é a súa praza de abastos, un centro de mercado tradicional que conta con postos de alimentación dedicados principalmente á venda de produtos gastronómicos frescos e de proximidade, artigos de primeira calidade a prezo acomodado.

Carnes seleccionadas, peixes e mariscos da ría, froitas e verduras de tempada, pan artesán, queixos, embutidos e licores chaman a atención da numerosa clientela que elixe apostar polo consumo de produtos locais de confianza.

ENDEREZO: Campo do Souto, Padrón (Santiago) 15900 Padrón (A Coruña)

GPS: 42.73631425700651  -8.661581955358201

HORARIO: luns a domingo: 9.00 a 15.00 h.

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.