Santuario da Nosa Señora da Escravitude

Igrexa da Escravitude

O Santuario da Nosa Señora da Escravitude está a tan só 5 km da zona antiga de Padrón en dirección a Santiago de Compostela, na marxe dereita.

Cómpre resaltar a fonte que está baixo as súas impresionantes escalinatas, da que se narra una interesante e milagreira historia. Conta a mesma que un home enfermo que facía o Camiño de Santiago para conseguir a curación da súa hidropesía, parouse na fonte a beber, sendo curado 72 horas despois, sen a intervención de ningún médico. Por elo o home exclamou “Gracias, Virxe, que me libraches da escravitude do meu mal”.

Esta historia forma parte viva da orixe do santuario, que comezou a edificarse grazas á doazón do camiñante sandado e das numerosas persoas fieis que con fe chegaron en peregrinación tras o milagre citado. A obra do templo foi rematada no ano 1886.

Así finalizou un proxecto que comezou xa no S.XVI, cando o párroco de Cruces colocou sobre a fonte unha imaxe pétrea da virxe co neno en sinal de agradecemento por un favor que recibiu dela.

De especial interese son os numerosos cadros de temática mariana que se atopan expostos na súa sancristía, ofrendas de fe á Virxe realizadas por persoas fieis tras superar unha dificultade vital.

N

Acceso

Bo, a pé e vehículo

Horario

Visitas: 07.00 a 12.00h 

Os horarios de visitas turísticas poden verse interrompidos pola celebración de actos litúrxicos.

Entrada gratuíta

Santuario da Nosa Señora da Escravitude, s/n
15980 Padrón, A Coruña

981 810 350

GPS: 42.784039, -8.649718

Información adicional

Data de construción: S. XVII

Misa: Domingo ás 12.00h

Elemento patrimonial polo que pasa o Camiño da Pedronía