Ruta da Pedronía
DESCRICIÓN: Ruta de Santiago a Padrón que rememora a antiga ruta de peregrinación xacobea na que os peregrinos finalizaban o camiño en Padrón logo de chegar a Compostela, pois Padrón sempre foi considerado o lugar de orixe da tradición xacobea, por ser aquí onde, segundo a tradición, foi desembarcado o corpo do Apóstolo , traído en barco desde Palestina polos seus discípulos Atanasio e Teodoro.
DISTANCIA: 25 quilómetros
PUNTO DE INICIO: Praza do Obradoiro (Santiago de Compostela)
ITINERARIO: Capela da Magdalena (Ames) – Carballeira de San Martiño (Teo) – Capela do Espíritu Santo (Teo) – Ponte Paradela (Teo e Brión) – Castro Lupario (Brión e Rois) – Pazo do Faramello (Rois) – Santuario da Nosa Señora da Escravitude (Padrón) – Igrexa de Santa María A Maior de Iria Flavia (Padrón) – O Pedrón (igrexa de Santiago de Padrón) – Santiaguiño do Monte (Padrón).
+ info: Pedronía