Monumento a Manuel Baltar Santaló

Baltar

Monumento, obra de Camilo Vidal Rodríguez “Camilo Seira”, esta dedidaco a Manuel Baltar Santaló, farmacéutico de cuarta xeración da padronesa farmacia Baltar, considerada a segunda farmacia máis antiga de Galicia, fundada no ano 1816.

Seis son as xeracións de farmacéuticos da familia Baltar que se levan dedicando á xestión desta farmacia: o fundador da primitiva farmacia foi José Baltar Varela, iniciou a actividade nun pequeno espazo da súa vivenda; Angel Baltar Cortés, farmacéutico de segunda xeración foi encargado da remodelación (1873). Conservaba boa amizade co enxeñeiro de ferrocarrís John Trulock (avó de Camilo José Cela). Foi o señor Trulock quen lle agasallou o botamen que aínda hoxe se conserva na farmacia.

Tamén era grande amigo de Rosalía de Castro, coa cal mantiña correspondencia e intercambiaba libros; o terceiro farmacéutico foi Ernesto Baltar Cortés; o cuarto farmacéutico foi Manuel Baltar Santaló, contaba coa axuda da súa muller, unha das poucas mulleres farmacéuticas da época; o quinto farmacéutico foi Óscar Baltar Montero; o sexto e actual farmacéutico é Óscar Baltar Bescansa.

N

Acceso

Bo, a pé 

Praza de Baltar, s/n
15917 Padrón, A Coruña

GPS: 42.73910652 , -8.66059896

Información adicional

Data de construción: 24 xullo 2001

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.