Fundación P.G.
Camilo José Cela
O célebre escritor Camilo José Cela (Iria Flavia, 1916 – Madrid, 2002) escolleu a terra que o veu medrar para facer realidade o seu maior desexo, a creación da súa Fundación, que acolle toda a súa obra, manuscritos, coleccións privadas e a súa propia vida.
Ten a sede en Iria Flavia, fronte á antiga colexiata de Santa María a Maior, nunhas casas construídas para a residencia de cóengos no século XVIII.
Dispón dunha superficie total de 11.000 metros cadrados, alberga unha biblioteca de máis de 45.000 volumes, unha pinacoteca con máis de 700 pinturas orixinais, un paraninfo de 178 prazas, aulas e salas de exposicións, ademais dunha ampla superficie axardinada.
Nas diferentes salas o visitante vai poder admirar centos de títulos, condecoracións e premios, entre os que se atopan o premio Nobel (1989), o premio Cervantes (1995) e o premio Príncipe de Asturias (1987), así como coleccións e obxectos que Camilo José Cela foi reunindo ao longo da súa vida e que, pola súa riqueza e variedade, suscitan especial interese.
Hanse de sumar os legados de José M.ª Sánchez Silva, José García Nieto, M.ª del Carmen Pajares Escolano e Fernando Huarte, así como manuscritos doutras autorías.
Acceso
Bo, a pé e vehículo
Horario
NOVO HORARIO COVID19 :
De luns a venres de 10:00 a 14:00h
Sábado, domingo e festivos pechado.
Durante todo o ano:
- Domingo, luns e festivos: pechado.
Xullo e agosto:
- Martes a sábado: 10:00 a 14:00 h. (último acceso ás 13.30h) e 16:00 a 20:00 h. (último acceso ás 19.30h)
Setembro a xuño:
- Martes a sábado: 10:00 a 14:00 h. (último acceso ás 13.30h) e 16:00 a 19:00 h. (último acceso ás 18.30h)
Entrada:
- Xeral: 2,40€/persoa
- Reducida: 20€/persoa (Carné Xove, Carné de estudante, Carné internacional de estudante, grupos de adultos de 11 ou máis persoas)
- Gratuíta: menores de idade, persoas maiores de 65 anos, xubilados/as, membros de ‘Amigos/as do Museo’, voluntariado cultural e educativo, persoas desempregadas, veciños/as de Padrón, grupos de escolares e universitarios
Entrada gratuíta: martes (todo o día) e sábado (pola tarde)
Visitas guiadas:
- Individual: 1€
- Grupos (11 ou máis persoas): 10€
Santa María, 22 - Iria Flavia
15917 Padrón, A Coruña
981 812 425
GPS: 42.74592647436977, -8.65606616654361
Información adicional
IMPORTANTE: Debido á situación santiara actual é preciso pedir cita previa para visitar o museo. As visitas realizaranse por libre. Máis información no museo
Ano de construción: 1986
VISITAS GUIADAS:
Martes a sábado: 12.00h (50 minutos)
Visitas a grupos e escolares con previa reserva