Axenda

Semana Santa Padronesa – Programa completo

14/04/2022
00:00


PROGRAMA DA SEMANA SANTA PADRONESA 2022

Pregón da Semana Santa: Venres  1 de abril

Organizado pola Confraría do Santo Enterro, terá lugar na igrexa parroquial o PREGÓN DA SEMANA SANTA, ás 20.15h. Será pronunciado por Dr. don Francisco Durán Villa, Presidente da Archiconfraría Universal do Apóstolo Santiago e docente na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.  Deseguido intervirá a Coral Polifónica Padronesa, acompañada por don Adrián Regueiro García, organista da Catedral de Santiago, que interpretará algunhas pezas de música sacra.

Comezo do  Setenario da Virxe das Dores: Sábado 2 de abril

Organizado pola Confraría da Virxe das Dores, tódolos días ás 19:30h terá lugar o rezo do Santo Rosario e da oración propia do Setenario, trala cal, ás 20:00h, celebrarase a Santa Misa, ofrecida polos fieis devotos de Nosa Señora das Dores, vivos e defuntos.

Venres das Dores: 8 de abril ás 19:00h rezo do Santo Rosario e da oración propia do Setenario. Ás 20:00h, Misa Solemne. A Continuación, organizada pola súa Confraría, sairá a Procesión da Virxe das Dores, percorrendo as rúas de costume.

Antes da misa, farase entrega, por primeira vez na súa historia, das Medallas de Honra a algunhas persoas e institucións que, dende a fundación desta confraría, destacan pola súa disposición a colaborar xenerosamente na organización e celebración solemne dos diversos actos do Setenario.

Misa da Confraría do Santo Enterro: Sábado 9 de abril ás 20:00h, celebrarase a Santa Misa anual polos membros e colaboradores, vivos e defuntos, da Confraría do Santo Enterro.

Domingo de Ramos: 10 de abril ás 11:30h procederase á acollida e imposición de escapularios aos novos membros da Confraría do Santo Enterro e seguidamente á bendición das palmas e dos ramos de oliveira na Igrexa parroquial. Ó seu remate sairá a Procesión de Ramos coa imaxe da entrada de Xesús en Xerusalén, que discorrerá o traxecto habitual. Recollido o cortexo procesional terá lugar a celebración da Santa Misa do Domingo de Ramos na Paixón do Señor (ás 12.30h aproximadamente.).

Xoves Santo: 14 de abril

Ás 19:30h terá lugar a celebración da Santa Misa da Cea do Señor. Ó seu termino sairá a Procesión do Encontro ( ás 20:30h aproximadamente.) que seguirá a seguinte orde:

En primeiro lugar fará a súa saída a imaxe de Xesús Nazareno, acompañada polos membros da Confraría do Santo Enterro e de tódalas persoas que o desexen, percorrendo as rúas de costume.

En segundo lugar sairá a imaxe da Virxe das Dores, xunto ás de San Xoán Apóstolo e a Verónica, acompañadas polos membros da Confraría da Virxe das Dores, ademais de algunhas señoras ataviadas con mantilla española e de tódalas persoas que queiran, percorrendo o traxecto habitual.

Na Praza de Macías representarase a escena do Santo Encontro do Xesús Nazareno, camiño do Calvario, coa súa Nai, a Virxe María, na que interveñen San Xoán e a Verónica, actuando de narrador o Rvdo. P. Benjamín Picado González, cmf.

A continuación, nun so desfile procesional, regresará cara a Igrexa.

Ás 23:00h sairá a Procesión da Santa Cruz do Calvario coas imaxes da Santa Cruz, e do Ecce Homo, acompañadas polos membros da Confraría do Santo Enterro portando fachos, ademais dalgúns penitentes arrastrando cadeas suxeitas aos seus pes, acompasados polo ritmo da Banda de Tambores e o son de carracas e matracas. Recollida a procesión, a Igrexa permanecerá pechada ata o venres ás 09:00h.

Venres Santo: 15 de abril

Ás 11:30h realizarase na Igrexa Parroquial o rezo do Vía Crucis.

Ás 18:30h comezarán os Santos Oficios da Paixón do Señor. A continuación representarase a escena do Desencravo de Xesús da Cruz, narrada polo Rvdo. P. Benjamín Picado González, cmf. Ao seu remate ( ás 20:00h aprox.) sairá a  Procesión do Santo Enterro, facendo o percorrido de costume. A Santa Urna do Cristo Xacente percorrerá cortexada polos seus confrades.

Recollida na Igrexa a Procesión do Santo Enterro (ás 21:00h aproximadamente), fará a súa saída a Procesión da Soidade, popularmente coñecida co nome da Procesión dos Caladiños. Acompañando a imaxe da Virxe da Soidade polo traxecto habitual irán os seus confrades, xunto con algunhas mulleres tocadas con mantilla española e tódalas persoas que queiran unirse ao cortexo mariano.

Sábado Santo: 16 de abril, ás 21:00h comezará a Solemne Vixilia da Resurrección do Señor, coa que se abre o tempo litúrxico de PASCUA.

 

 

Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
26
27
28
29
1
2
3
4
5
6
10
11
12
13
14
17
18
19
20
21
24
25
26
27
28
29
31
XXXIV Premio Literario Camilo José Cela
07/03/2024 - 15/07/2024    
Todo o día
Prazo límite de entrega o próximo 15 de xullo de 2024 segundo as bases anexas. Mais información en cultura@padron.gal
8M  TEATRO 'INVISIBLES'
08/03/2024    
18:00 - 19:30
Obra de teatro 'INVISIBLES' no Auditorio de Padrón Venres 8 de marzo Ás 18.00 h Entradas de balde dende o 4 de marzo no centro [...]
X XORNADAS GASTRÓNOMICAS DA LAMPREA DE PADRÓN
09/03/2024    
Todo o día
Prazas limitadas por aforo. Inscricións en www.padronturismo.gal/inscricions
SEMANA SANTA PADRONESA 2024
15/03/2024 - 30/03/2024    
Todo o día
PROGRAMA DA SEMANA SANTA PADRONESA 2024 Pregón da Semana Santa: Venres 15 de marzo Terá lugar na igrexa parroquial o PREGÓN DA SEMANA SANTA, ás [...]
PREGÓN DA SEMANA SANTA PADRONESA 2024
15/03/2024    
20:00 - 21:00
Pregón da Semana Santa Padronesa 2024 Venres 15 de marzo ás 20.00 h. Na igrexa parroquial de Santiago de Padrón.
II MERCADILLO DE RECAMBIOS DE MOTOS E COCHES CLÁSICOS
16/03/2024 - 17/03/2024    
Todo o día
II MERCADILLO DE RECAMBIOS DE MOTOS E COCHES CLÁSICOS 16 e 17 de marzo no pavillón do Souto en Padrón. Sábado de 10.00 a 14.00 [...]
PRESENTACIÓN DO LIBRO "A ÚNICA, MARIA CASARES"
22/03/2024    
Todo o día
O 22 de marzo de 2024, terá lugar na Casa Museo de Rosalía de Castro (A Matanza s/n) a presentación do libro " A Única, [...]
VIII EXPOSICIÓN DA CAMELIA E DO BONSAI
23/03/2024 - 24/03/2024    
Todo o día
Entrada de balde ata completar aforo.
PASCUA DE PADRÓN - PROGRAMA COMPLETO
23/03/2024 - 06/04/2024    
Todo o día
23 de marzo. Sábado 09:00h   XXXV Raid Cabalar Pascua 2024.  Proba puntuable para o Campionato galego. Percorrerá os montes de Dodro, Padrón e Rois, con [...]
43ª CARREIRA POPULAR PASCUA DE PADRÓN
30/03/2024    
Todo o día
Un ano máis, imos a celebrar a carreira popular "Pascua de Padrón", que terá lugar o próximo 30 de marzo de 2024 con saída da [...]
Events on 07/03/2024
Events on 08/03/2024
Events on 09/03/2024
Events on 15/03/2024
Events on 22/03/2024
Events on 30/03/2024

Próximos eventos