Axenda

SEMANA SANTA PADRONESA 2024

15/03/2024 - 30/03/2024
Todo o día


PROGRAMA DA SEMANA SANTA PADRONESA 2024

Pregón da Semana Santa: Venres 15 de marzo

Terá lugar na igrexa parroquial o PREGÓN DA SEMANA SANTA, ás 20.00 h. Será pronunciado por Prof. Dr. don Ricardo Sanjurjo Otero, docente do Novo Testamento no Instituto Teolóxico Compostelán – Universidade Pontificia de Salamanca, Delegado Episcopal de Pastoral Universitaria e da Cultura, Párroco de Santa María a Maior e Real de Sar (Santiago de Compostela). Deseguido entregarán as Medallas de honra da Confraría do Santo Enterro á Confraría da Virxe dos Dores de Padrón e á Coral Polifónica Padronesa. O acto pecharase coa intervención da Coral Polifónica Padronesa, que interpretará algunhas pezas de música sacra.

Comezo do Setenario da Virxe das Dores: Sábado 16 de marzo

Organizado pola Confraría da Virxe das Dores, tódolos días ás 19.30 h terá lugar o rezo do Santo Rosario e da oración propia do Setenario, trala cal, ás 20.00 h, celebrarase a Santa Misa, ofrecida polos fieis devotos de Nosa Señora das Dores, vivos e defuntos.

Venres das Dores: 22 de marzo ás 19.00 h rezo do Santo Rosario e da oración propia do Setenario. Ás 20.00 h, Misa Solemne. A continuación, organizada pola súa Confraría, sairá a Procesión da Virxe das Dores, percorrendo as rúas de costume.

Antes da misa, farase entrega, coincidindo con 25 aniversario da súa constitución e aprobación canónica, das Medallas de Honra ao Excmo. E Rvdmo. Sr. don Julián Barrio Barrio, Arcebispo emérito de Santiago de Compostela.

Misa da Confraría do Santo Enterro: Sábado 23 de marzo ás 20.00 h, celebrarase a Santa Misa anual polos membros e colaboradores, vivos e defuntos, da Confraría do Santo Enterro.

Domingo de Ramos: 24 de marzo ás 11.30 h procederase á bendición das palmas e dos ramos de oliveira na Igrexa parroquial. Ó seu remate sairá a Procesión de Ramos coa imaxe da entrada de Xesús en Xerusalén, que discorrerá o traxecto habitual. Recollido o cortexo procesional terá lugar a celebración da Santa Misa do Domingo de Ramos na Paixón do Señor (ás 12.30 h aproximadamente)

Ás 20.00 h na capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco, misa de Domingo de Ramos. Ao rematar, organizada pola V-O-T., en colaboración coa parroquia de Santiago e as súas Confrarías do Santo Enterro e da Virxe das Dores, sairá a procesión do Ecce Homo.

Xoves Santo: 28 de marzo

Ás 19.30 h terá lugar a celebración da Santa Misa da Cea do Señor. Ó seu termino sairá a Procesión do Encontro (ás 20.30 h aproximadamente.) que seguirá a seguinte orde:

En primeiro lugar fará a súa saída a imaxe de Xesús Nazareno, acompañada polos membros da Confraría do Santo Enterro e de tódalas persoas que o desexen.

En segundo lugar sairá a imaxe da Virxe das Dores, xunto ás de San Xoán Apóstolo e a Verónica, acompañadas polos membros da Confraría da Virxe das Dores, ademais de algunhas señoras ataviadas con mantilla española e de tódalas persoas que así o queiran.

Na Praza de Macías representarase a escena do Santo Encontro do Xesús Nazareno, camiño do Calvario, coa súa Nai, a Virxe María, na que interveñen San Xoán e a Verónica, actuando de narrador o Rvdo. P. Fray Francisco Javier Honrubia Bonnín, omf.

A continuación, nun so desfile procesional, regresará cara a Igrexa.

Recollida a procesión do Encontro (10.30 h apróx.) sairá a procesión da Santa Cruz do Calvario coas imaxes da Santa Cruz e do Ecce Homo, flanqueada polos membros da Confraría do Santo Enterro portando fachos, acompasados polo ritmo da Banda de Tambores e ao son das carracas.

Ao regresar, a igrexa permanecerá pechada ata o venres ás 09.00 h da mañá.

Venres Santo: 29 de marzo

Ás 11.30 h realizarase na Igrexa Parroquial o rezo do Vía Crucis.

Ás 18.30 h comezarán os Santos Oficios da Paixón do Señor. A continuación representarase a escena do Desencravo de Xesús da Cruz, narrada polo Rvdo. P. Fray Francisco Javier Honrubia Bonnín, omf. Ao seu remate (ás 20.00 h apróx.) sairá a Procesión do Santo Enterro, facendo o percorrido de costume. A Santa Urna do Cristo Xacente percorrerá cortexada polos seus confrades.

Recollida na Igrexa a Procesión do Santo Enterro (ás 21.00 h apróx.), fará a súa saída a Procesión da Soidade, popularmente coñecida co nome da Procesión dos Caladiños. Acompañando a imaxe da Virxe da Soidade polo traxecto habitual irán os seus confrades, xunto con algunhas mulleres tocadas con mantilla española e tódalas persoas que queiran unirse ao cortexo mariano.

Sábado Santo: 30 de marzo, ás 21.00 h comezará a Solemne Vixilia da Resurrección do Señor, coa que se abre o tempo litúrxico de PASCUA.

Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
26
27
28
29
30
31
1
2
3
4
5
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
22
23
24
25
26
27
28
1
Sabores de Padrón, a ruta da croqueta
06/02/2026 - 07/02/2026    
Todo o día
A ruta celebrarase o venres 6 e sábado 7 de febreiro, convertendo Padrón nun punto de encontro arredor dun produto tan popular como versátil: a [...]
XXIII Padrón 10K
07/02/2026    
Todo o día
́ XXIII Padrón 10K  Sábado 7 de febreiro  
Entroido de Padrón
21/02/2026    
17:00 - 20:30
Entroido de Padrón Desfile de Piñata o sábado 21 de febreiro a partir das 17.00h  
Events on 06/02/2026
Events on 07/02/2026
Events on 21/02/2026
Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.