30/10/2026
19:00
O Concello de Padrón distingue a familia Vidal, impulsora do Grupo Scala, co premio ‘Padrón, Berce do Xacobeo 2026’ e o recoñecemento de Peregrinos de Honra pola súa contribución a un turismo de calidade ligado á gastronomía, ao patrimonio e á identidade da nosa vila.
Unha homenaxe ao traballo de toda unha familia que, desde 1980, mantén un estreito vínculo con Padrón.
O Hotel Scala, o Asador O’Pazo, o Pazo Arretén e o Restaurante Brandal son expresión dese labor compartido entre xeracións. Entre os seus méritos destacan a excelencia gastronómica de O’Pazo, cunha estrela Michelin e dous Soles Repsol; a recuperación do Pazo de Arretén, vinculado á familia materna de Rosalía de Castro; e a acollida de visitantes e peregrinos.
Este premio é un recoñecemento ao seu arraigamento, á continuidade xeracional e a máis de catro décadas contribuíndo a proxección turística e ao desenvolvemento económico de Padrón.
Parabéns! 👏
