Axenda

Semana Santa Padronesa 2023

02/04/2023 - 08/04/2023
Todo o día


Pregón da Semana Santa: Venres  24 de marzo

Organizado pola Confraría do Santo Enterro, terá lugar na igrexa parroquial o PREGÓN DA SEMANA SANTA, ás 20.15h. Será pronunciado por Dr. don Domingo Luís González Lopo, profesor de Historia Moderna da Facultade de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.  Deseguido intervirá a Coral Polifónica Padronesa, acompañada por don Adrián Regueiro García, organista da Catedral de Santiago, que interpretará algunhas pezas de música sacra.

Comezo do  Setenario da Virxe das Dores: Sábado 25 de marzo

Organizado pola Confraría da Virxe das Dores, tódolos días ás 19:30h terá lugar o rezo do Santo Rosario e da oración propia do Setenario, trala cal, ás 20:00h, celebrarase a Santa Misa, ofrecida polos fieis devotos de Nosa Señora das Dores, vivos e defuntos.

Venres das Dores: 31 de marzo ás 19:00h rezo do Santo Rosario e da oración propia do Setenario. Ás 20:00h, Misa Solemne. A Continuación, organizada pola súa Confraría, sairá a Procesión da Virxe das Dores, percorrendo as rúas de costume.

Antes da misa, farase entrega, por primeira vez na súa historia, das Medallas de Honra a algunhas persoas e institucións que, dende a fundación desta confraría, destacan pola súa disposición a colaborar xenerosamente na organización e celebración solemne dos diversos actos do Setenario.

Misa da Confraría do Santo Enterro: Sábado 1 de abril ás 20:00h, celebrarase a Santa Misa anual polos membros e colaboradores, vivos e defuntos, da Confraría do Santo Enterro.

Domingo de Ramos: 2 de abril ás 11:30h procederase á acollida e imposición de medalla de pergamino como Cofrade Maior Honorario da Confraría do Santo Enterro ao Rev. P. Benjamín Picado González. Seguidamente á bendición das palmas e dos ramos de oliveira na Igrexa parroquial. Ó seu remate sairá a Procesión de Ramos coa imaxe da entrada de Xesús en Xerusalén, que discorrerá o traxecto habitual. Recollido o cortexo procesional terá lugar a celebración da Santa Misa do Domingo de Ramos na Paixón do Señor (ás 12.30h aproximadamente.).

Ás 20.00h na capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco, misa de Domingo de Ramos. Ao rematar, organizada pola V-O-T., en colaboración coa parroquia de Santiago e as súas Confrarías do Santo Enterro e da Virxe das Dores, sairá a procesión do Ecce Homo polo percorrido habitual.

Xoves Santo: 6 de abril

Ás 19:30h terá lugar a celebración da Santa Misa da Cea do Señor. Ó seu termino sairá a Procesión do Encontro ( ás 20:30h aproximadamente.) que seguirá a seguinte orde:

En primeiro lugar fará a súa saída a imaxe de Xesús Nazareno, acompañada polos membros da Confraría do Santo Enterro e de tódalas persoas que o desexen, percorrendo as rúas de costume.

En segundo lugar sairá a imaxe da Virxe das Dores, xunto ás de San Xoán Apóstolo e a Verónica, acompañadas polos membros da Confraría da Virxe das Dores, ademais de algunhas señoras ataviadas con mantilla española e de tódalas persoas que queiran, percorrendo o traxecto habitual.

Na Praza de Macías representarase a escena do Santo Encontro do Xesús Nazareno, camiño do Calvario, coa súa Nai, a Virxe María, na que interveñen San Xoán e a Verónica, actuando de narrador o Rvdo. P. Benjamín Picado González, cmf.

A continuación, nun so desfile procesional, regresará cara a Igrexa.

Venres Santo: 7 de abril

Ás 11:30h realizarase na Igrexa Parroquial o rezo do Vía Crucis.

Ás 18:30h comezarán os Santos Oficios da Paixón do Señor. A continuación representarase a escena do Desencravo de Xesús da Cruz, narrada polo Rvdo. P. Benjamín Picado González, cmf. Ao seu remate ( ás 20:00h aprox.) sairá a  Procesión do Santo Enterro, facendo o percorrido de costume. A Santa Urna do Cristo Xacente percorrerá cortexada polos seus confrades.

Recollida na Igrexa a Procesión do Santo Enterro (ás 21:00h aproximadamente), fará a súa saída a Procesión da Soidade, popularmente coñecida co nome da Procesión dos Caladiños. Acompañando a imaxe da Virxe da Soidade polo traxecto habitual irán os seus confrades, xunto con algunhas mulleres tocadas con mantilla española e tódalas persoas que queiran unirse ao cortexo mariano.

Sábado Santo: 8 de abril, ás 21:00h comezará a Solemne Vixilia da Resurrección do Señor, coa que se abre o tempo litúrxico de PASCUA.

 

Lun
Mar
Mér
Xov
Ven
Sáb
Dom
L
M
M
X
V
S
D
30
31
1
2
3
4
4:00 PM - 10K Padrón
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
24
26
27
1
2
3
4
5
10K Padrón
04/02/2023    
16:00 - 18:00
XX edición da proba deportiva de atletismo '10K PADRÓN' Saída e chegada: Campo do Souto Categorías: Escolares (de balde) Carreira 5k (7€) Carreira 10k (7€) [...]
Día de Rosalía en Padrón
23/02/2023 - 24/02/2023    
Todo o día
Programación para o Día de Rosalía en Padrón
Visita teatral 'Camiño branco de Rosalía'
23/02/2023    
10:30 - 11:30
O Concello de Padrón organiza a visita teatral 'Camiño branco de Rosalía' con Os Quinquilláns. Xoves 23 de febreiro ás 10.30h Punto de encontro: Praza [...]
Entroido 2023 - Desfile e concurso de disfraces
25/02/2023    
17:00 - 20:30
O Concello de Padrón organiza unha nova edición do desfile e concurso de disfraces, carrozas e comparsas. Sábado 25 de febreiro de 2023 ás 17.00h. [...]
Exposición ‘Picasso Vivo’
28/02/2023    
Todo o día
A Fundación Camilo José Cela organiza dende o 28 de febreiro ata o 31 de maio a exposición ‘Picasso Vivo’ Pode visitarse nas instalación da [...]
Exposición ‘Picasso Vivo’
01/03/2023    
Todo o día
A Fundación Camilo José Cela organiza dende o 28 de febreiro ata o 31 de maio a exposición ‘Picasso Vivo’ Pode visitarse nas instalación da [...]
Exposición ‘Picasso Vivo’
02/03/2023    
Todo o día
A Fundación Camilo José Cela organiza dende o 28 de febreiro ata o 31 de maio a exposición ‘Picasso Vivo’ Pode visitarse nas instalación da [...]
Exposición ‘Picasso Vivo’
03/03/2023    
Todo o día
A Fundación Camilo José Cela organiza dende o 28 de febreiro ata o 31 de maio a exposición ‘Picasso Vivo’ Pode visitarse nas instalación da [...]
30 anos Ategal Padrón
03/03/2023    
Todo o día
Ategal Padrón cumpre 30 anos e celébrase o vindeiro venres 3 de marzo. Inscricións no Centro Social de Padrón ata o 24 de febreiro.
Exposición ‘Picasso Vivo’
04/03/2023    
Todo o día
A Fundación Camilo José Cela organiza dende o 28 de febreiro ata o 31 de maio a exposición ‘Picasso Vivo’ Pode visitarse nas instalación da [...]
IV Gala Rosalía Foliadeira
04/03/2023    
19:30 - 20:30
A A.C. Rosalía de Castro organiza a cuarta edición da Gala Rosalía Foliadeira o vindeiro sábado 4 de marzo ás 19.30h no Auditorio Municipal de [...]
Exposición ‘Picasso Vivo’
05/03/2023    
Todo o día
A Fundación Camilo José Cela organiza dende o 28 de febreiro ata o 31 de maio a exposición ‘Picasso Vivo’ Pode visitarse nas instalación da [...]
Events on 04/02/2023
10K Padrón
4 Feb 23
Events on 25/02/2023
Events on 28/02/2023
Events on 01/03/2023
Events on 02/03/2023
Events on 03/03/2023
Events on 04/03/2023
Events on 05/03/2023

Próximos eventos