Excursións

 

Xogo e mindfulness co Pemento de Herbón

Xogo e mindfulness co Pemento de Herbón

Data: venres 19 xuño

Hora 18.30

Lugar de encontro: Convento de Herbón

Actividade para descubrir a historia de Herbón e do pemento a través de xogos de mindfulness na natureza nos espazos exteriores do Convento de Herbón.

As persoas participantes deberán ir atopando diferentes pezas dun mapa agochadas no medio natural, ata crear a composición final.

En cada peza dese mapa hai unha proposta de actividade de benestar para facer: realizar unha pequena meditación, movemento e/ou respiración consciente; explorar cos 5 sentidos con dinámicas de baños de bosque; momentos creativos de land art ou escultura efímera, serán algunhas delas.

Cal será a recompensa final? A creación dun estoxo máxico para gardar os tesouros…

Unha actividade para tódolos públicos, recomendada para crianzas a partir dos 6 anos de idade; que deberán estar acompañados de por persoas adultas.

A ter en conta:

Recoméndase traer calzado cerrado para camiñar sobre herba/follaxe e roupa que se poida manchar porque utilizaremos pinturas téxtiles para crear o estoxo.

 

Selecciona a data e o número de entradas que precisa

Se non hai entradas dispoñibles pode apuntarse á lista de espera.