Excursións
Viaxe a Arjonilla
Viaxe a Arjonilla
Do 23 ao 28 de setembro
Data límite de inscrición 15 de xullo
ITINERARIO
MÉRCORES 23-09-26
Saída desde Padrón ás 08.00 h con destino a Castela e León. Xantar en ruta. Continuación da viaxe cara á cidade amurallada de Ávila, onde realizaremos un agradable paseo polo seu casco histórico. Cea e aloxamento.
XOVES 24-09-26
Almorzo. Saída cara á localidade madrileña de Aranjuez, con posibilidade de visitar opcionalmente o seu Palacio Real. Xantar en ruta. Pola tarde achegarémonos ata Consuegra, localidade na que destaca a esvelta silueta dos seus doce muíños, situados no alto dun outeiro con fermosas vistas á chaira manchega. A continuación, breve parada en Puerto Lápice, lugar que foi testemuña de numerosas aventuras de Don Quijote. Saída cara á provincia de Xaén. Cea e aloxamento no hotel.
VENRES 25-09-26
Almorzo. Pola mañá visita a Xaén, cidade coñecida polo seu excelente aceite de oliva e pola súa catedral, xoia arquitectónica do Renacemento español que serviu de modelo para outras catedrais de Hispanoamérica. Xantar. Tarde libre en Arjonilla. A última hora da tarde regreso ao hotel. Cea e aloxamento.
SÁBADO 26-09-26
Almorzo. Saída para visitar Úbeda, localidade declarada Patrimonio da Humanidade grazas ao seu extraordinario patrimonio artístico, con monumentos, igrexas, pazos e casas señoriais, todo iso nunha paisaxe poboada de oliveiras e campos de cereal. Xantar. Tarde libre en Arjonilla. A última hora da tarde regreso ao hotel. Cea e aloxamento.
DOMINGO 27-09-26
Almorzo. Saída cara a Castela-A Mancha. Xantar en ruta. Pola tarde visita a Toledo, cidade manchega situada á beira do río Texo, tamén coñecida como a “Cidade das Tres Culturas” debido á longa convivencia de cristiáns, árabes e xudeus. Percorrido a pé polo casco histórico para admirar a Catedral de Santa María, a Igrexa de Santo Tomé e o antigo Barrio Xudeu. A última hora da tarde saída cara a Talavera de la Reina, localidade coñecida pola súa fantástica cerámica. Cea e aloxamento.
LUNS 28-09-26
Almorzo. Saída cara a Plasencia, cidade que destaca polas súas dúas catedrais, a súa Praza Maior e o Pazo do Marqués de Griñón. Xantar en ruta. Continuación da viaxe de regreso cara a Padrón.
* Posibilidade de modificar a orde do itinerario sen previo aviso, mantendo íntegro o programa.
PREZO
715 € por persoa (para un grupo de 45-55 persoas de pago).
* Suplemento por habitación individual: 175 €.
O prezo inclúe
Autocar durante todo o circuíto.
Pensión completa (6 xantares, 5 ceas e 5 almorzos, incluíndo auga e viño nos xantares e nas ceas).
Estancia de 1 noite no Hotel Las Moradas 3* de Ávila, ou similar.
Estancia de 3 noites no Hotel RL Ciudad de Úbeda 4*, ou similar.
Estancia de 1 noite no Hotel Be Live City Center Talavera 4* de Talavera de la Reina, ou similar.
Seguro de asistencia en viaxe.
Guía técnico acompañante durante todo o circuíto.
Gastos de manutención do guía e do condutor.
O prezo non inclúe
Visitas nin entradas non especificadas no apartado «O prezo inclúe».