Excursións

 

Goza do Ulla 2024 – Polas beiras do Ulla

Goza do Ulla 2024 – Polas beiras do Ulla

Sábado 12 de outubro ás 09.30h

Inscricións ata o 9 de outubro.

Punto de encontro: Centro Social de Padrón – Campo do Souto

Ruta circular que percorre as beiras dos ríos Sar e Ulla, cun perfil sen grandes desniveis no que se percorren as beiras do Ulla na parroquia de Herbón ata chegar á desembocadura do Río Sar no Ulla.

Esta ruta permítenos facer un percorrido cultural pasando por algúns dos elementos máis característicos desta zona, as pesqueiras da lamprea, que son de orixe romana e seguen en funcionamento na actualidade, o Convento de Herbón, lugar onde chegaron os famosos Pementos de Herbón con Denominación de Orixe Protexida, ademais de contemplar as hortas e invernadoiros onde se cultivan ou  a  Fundación de Rosalía de Castro.

Selecciona a data e o número de entradas que precisa

Se non hai entradas dispoñibles pode apuntarse á lista de espera.