Excursións
Baño de Bosque – Santiaguiño do Monte
Baño de Bosque
Data: sábado 20 xuño
Hora: 19.30
Punto de encontro: aparcadoiro do Cemiterio de Santiaguiño do Monte
Convidámoste a abrazar a natureza para atopar o teu equilibrio persoal a través de dinámicas de exploración sensorial e do xogo.
Durante case dúas horas realizaremos dinámicas de relaxación, respiración consciente, meditación e visualización… que permiten realizar unha inmersión na atmosfera do bosque e conectar co momento presente.
Acompáñanos por unha viaxe sensorial envolvente polo lugar máxico de Santiaguiño do Monte para acoller o solsticio de verán.
Actividade facilitada por Marga Chao: guía certificada de Baños de bosque e profesional de terapia de bosque.
A ter en conta:
Recoméndase traer roupa cómoda, auga e algo para sentarse (esteira ou toalla).
