Padrón no verán
Verán Cultural
Programa cultural
Xuño-xullo-agosto
Ver programa de actividades
Padrón
GPS: 42.738347, -8.660527
Máis información »
Durante os meses de verán o concello de Padrón a través da concelleira de cultura organiza diferentes actuacións musicais, teatrais, monicreques, circo… destinadas a público familiar.
+ INFO: cultura@padron.gal
Clausura – exhibición escolas deportivas municipais
Evento deportivo
Último xoves lectivo do ano escolar
A partir das 17:00h
Pavillón Grupo Escolar
GPS: 42.736165, -8.662481
Máis información »
Breve exhibición de cada escola deportiva municipal. Cada grupo mostra o aprendido durante o ano e ao final do evento reciben medallas conmemorativas todolos/as participantes.
+ INFO: Departamento de deportes tlf. 664076974 deportes@padron.gal, deportespadron@yahoo.es
Campus deportivo de verán
Evento deportivo
Do primeiro luns non lectivo tralo remate do ano escolar ao 31 de xullo
De 11:00 a 13:30 e de luns a venres
Piscina da Escravitude e Pavillón Grupo Escolar
GPS: Pavillón Grupo escolar 42.736165, -8.662481
Piscina da Escravitude 42.794323, -8.643874
Máis información »
Tódolos/as rapaces/zas de 6 a 13 anos poden participar do campus deportivo de verán realizando, en maior parte, actividades desenroladas ao aire libre: sendeirismo, marchas en bicicleta, xogos populares, actividades acuáticas, actividades na natureza, etc
+ INFO: Departamento de deportes tlf. 664076974 deportes@padron.gal, deportespadron@yahoo.es
Día da bicicleta
Evento deportivo
Durante o mes de xuño
Hora do evento
Campo do Souto
GPS: 42.736253, -8.660834
Máis información »
Marcha ciclista non competitiva para toda a familia por Padrón e as súas parroquias. Con premios e sorteos.
+ INFO: Departamento de deportes tlf. 664076974 deportes@padron.gal, deportespadron@yahoo.es
Feira Medieval de Padrón
Festa popular
Segundo fin de semana de xullo
Todo o día
Padrón
GPS: 42.738347, -8.660527
Máis información »
Celebración de temática medieval na rúas do casco histórico de Padrón. Ademais da feira, onde numerosos postos ofrecen diversidade de produtos gastronómicos e artesáns, chaman a atención do público as mostras, actividades e obradoiros infantís, sen esquecer a ambientación das rúas con músicos, bufóns, malabares, artesáns, cetrería, etc.
+ INFO: turismo@padron.gal
Festival “Abride a fiestra”
Festival
Xullo
Todo o día
Casa-Museo de Rosalía de Castro. A Matanza, Iria Flavia (Santa María) Padrón
GPS: 42.738459, -8.65203
Máis información »
Festival na honra de Rosalía de Castro. A programación acolle diversas actividades culturais dirixidas a todo tipo de público: conferencias, recitais poéticos, concertos, teatro, presentacións, performance, etc.
+ INFO: Casa-Museo Rosalía de Castro
Asnot
Festival
24 de xullo 2024
Todo o día
Padrón
GPS: 42.738172, -8.6672066908103
Máis información »
Parodia das carreiras de cabalos inglesas que converten Padrón nun escenario de sorrisos e glamour. Con cada nova edición gaña en vistosidade e participación. Para esta ocasión especial, as persoas asistentes preparan unha indumentaria moi ao estilo británico onde non faltan as pamelas e sombreiros ornamentados e esaxerados. Música, obradoiros e outras actividades dirixidas a público de todas as idades amenizan esta orixinal xornada.
Romaría de Santiaguiño do Monte
Festa relixiosa
24 e 25 de xullo
Todo o día
Padrón
GPS: 42.738172, -8.6672066908103
Máis información »
Romaría popular que se desenvolve entre os días 24 e 25 de xullo, ligada intimamente á tradición xacobea e á figura do apóstolo Santiago. Celébrase no contorno dunha ermida que leva o mesmo nome e nuns penedos que, tal e como cita a historia da tradición, foron o lugar escollido polo apóstolo Santiago para lle predicar á xente do lugar. Trátase dunha paraxe sen parangón para pasar uns días en familia con gaiteiros, cabezudos e cunha gran sardiñada acompañada de bolos preñados e pan de millo. Cómpre destacar singularidade de que o día 24 de xullo pola tarde realízase o gran Derbi Asnal, moi arraigado entre os padroneses. Ademais, tamén se celebra o Día do Peregrino (link festa Día do Peregrino), en homenaxe aos incansables camiñantes que dende séculos deixan a súa pegada en Padrón.
+ INFO: turismo@padron.gal
Día do Peregrino
Evento conmemorativo
xullo
Todo o día
Padrón
GPS: 42.738172, -8.6672066908103
Máis información »
Celebración no marco da festa de Santiaguiño do Monte (link: Romaría de Santiaguiño do Monte) en homenaxe aos incansables camiñantes que dende séculos deixan a súa pegada en Padrón, no que se outorga o galardón Peregrino/a de honra – Padrón Berce do Xacobeo.
+ INFO: turismo@padron.gal
Festa do Pemento de Herbón
Festa gastronómica
Primeiro sábado de agosto
Todo o día
Carballeira do convento de Santo Antonio de Herbón
GPS: 42.732637, -8.631039
Máis información »
Festa declarada de Interese Turístico de Galicia. Festa de exaltación do pemento de Herbón. Celébrase desde o ano 1978. A xornada festiva complétase cunha ampla programación: misa campestre, inauguración e bendición da festa; desfile agrícola ata Padrón, recepción das autoridades e ofrenda floral á escultura da Pementeira; lectura do pregón; entrega dos Pementos de Prata e dos premios Novo Pementeiro e Sabio Pementeiro; entrega de premios aos tractores engalanados; degustación gratuíta dos pementos de Herbón; música e verbena.
+ INFO: Festa dos pementos de Herbón
“Inchadiña branca vela”
Evento conmemorativo
Mes de agosto, variable en función das mareas
Variable en función das mareas
Río Sar: Vilarello (Valga) – Brañas de Laíño e Lestrobe (Rois) – Paseo do Espolón (Padrón)
GPS: 42.738745, -8.661649
Máis información »
Homenaxe do mar á poetisa Rosalía de Castro. Subida polo río Sar das embarcacións tradicionais galegas ata o paseo do Espolón. Neste lugar, ao pé da ponte de Santiago, ízanse as velas ao son das gaitas que entoan a “Marcha do Antigo Reino de Galicia”. Como remate, unha ofrenda floral é depositada na estatua de Rosalía.
+ INFO: Casa-Museo Rosalía de Castro