Padrón na primavera

Sendeirismo

Programa de sendeirismo

Evento deportivo

Marzo e novembro

Normalmente sábados con saída ás 07:00h – 08:00h dependendo da ruta

Diferentes localizacións en toda Galicia con saída sempre do Campo do Souto

GPS: 42.738347, -8.660527

Máis información »

O programa de sendeirismo do departamento de deportes do concello de Padrón comprende a realización de 2 ou 3 rutas anuais que sexan de interese natural e cultural para as persoas usuarias a diferentes puntos da xeografía de Galicia e dar a coñecer estes lugares. As rutas realízanse a o longo do ano, sen unha data concreta.

+ INFO: Departamento de deportes tlf. 664076974 deportes@padron.gal, deportespadron@yahoo.es

Camelia

Exposición da Camelia de do Bonsai de Padrón

Feira – exposición

Marzo 

Todo o día

Convento do Carme

GPS: 42.738944 , -8.663556

Máis información »

Feira-exposición da camelia e do bonsai e doutras plantas de colección. A feira conta con numerosos expositores procedentes de todo o país e Portugal especializados principalmente no coidado da camelia, considerada flor de Galicia, e do bonsai. As xornadas contan cunha ampla programación de actividades divulgativas como charlas, cursos, entrega de premios, actividades dirixidas a público infantil (obradoiros, contacontos, música, etc.).

+ INFO: Expo Feira Plantas de Colección de Padrón

Rosalía de Castro

Certame Poético Rosalía de Castro

Concurso literario

Primeiro trimestre do ano (o prazo de entrega comeza os primeiros días do ano e péchase a mediados de marzo) en maio se resolve e se entrega o galardón.

Padrón

GPS: 42.738347, -8.660527

Máis información »

Concurso poético en lingua galega creado como homenaxe á autora Rosalía de Castro. Comezou a realizarse no ano 2015 e poden acceder a el todas as persoas de calquera nacionalidade que presenten obras inéditas en lingua galega non premiadas noutros concursos.

+ INFO: cultura@padron.gal

Lamprea

Xornadas Gastronómicas da Lamprea de Padrón

Evento gastronómico

Febreiro / Marzo

Hora do evento

Padrón

GPS: 42.738347, -8.660527

Máis información »

Xornadas gastronómicas de exaltación da lamprea do Ulla onde varios establecementos hostaleiros de Padrón participan ofrecendo menús de lamprea elaborados de xeito tradicional e tamén moderno.  Ademais, estas xornadas contemplan o achegamento cultural á lamprea a través doutras actividades culturais contempladas da programación: obradoiros gastronómicos, concursos, charlas, rutas e visitas guiadas, etc.

+ INFO: Xornadas Gastronómicas da lamprea

Restaurantes 

Semana Santa

Semana Santa Padronesa

Festa relixiosa

Marzo / Abril 

Todo o día

Padrón

GPS: 42.739123, -8.6616216889344

Máis información »

Celebración dos actos litúrxicos da Semana Santa. Pregón de Semana Santa a cargo dunha personalidade destacada. Venres previo á Semana Santa, celebración da misa solemne e procesión da Virxe das Dores; Sábado previo á Semana Santa, misa da Confraría do Santo Enterro na honra dos seus membros e colaboradores; Domingo de Ramos, misa e procesión de Ramos; Xoves Santo, celebración da Santa Misa da Cea do Señor e as procesións do Encontro e da Santa Cruz do Calvario; Venres Santo, misa e procesións do Santo Enterro, da Soidade e dos Caladiños; Sábado Santo, misa solemne de Vixilia da Resurrección do Señor, Pascua.

+ INFO: Igrexa parroquial de Santiago de Padrón 

Pascua

Pascua

Festa relixiosa

Semana Santa

Todo o día

Padrón

GPS: 42.738347, -8.660527

Máis información »

As festas da Pascua no concello de Padrón son uns dos festexos máis importantes que se celebran na vila rosaliana contando cunha tradición de séculos de antigüidade.

En 1609, Xerónimo del Hoyo, cardeal de Compostela, escribiu sobre as nosas feiras de gando. Xa daquela, unha das máis importantes de Galicia celebrábase no Campo Grande e nun souto de castiñeiros “chegando a elas todo xénero de mercadorías, e gandos, que ían  mercar mercadores casteláns e portugueses, para a provisión das súas terras”. Realizábanse varias veces ao ano “A primeira é por Pascua de Flores e dura tres días; a segunda, por ledanías e dura outros tres; a terceira, por San Xoán e dura dous días;  a cuarta, pola Nosa Señora en setembro e dura tres días; e a derradeira, por Todos os Santos e dura dous. As mellores son as de Pascua, ledanías e setembro” (Xosé Filgueira Valverde, Pascua 1995).

Arredor desta feira de gando uniuse o carácter festivo e relixioso, xa que coincidía coa Semana Santa en proximidade de datas, converténdose actualmente nun referente das festas galegas.

O Concello de Padrón convida a todos os pascueiros e pascueiras a gozar dos preto de 15 días de ambiente festivo, procesións, atraccións, casetas de polbo, feiras, música… e un amplo abano de actividades para todas as idades.

+ INFO: turismo@padron.gal

Carreira Popular

Carreira popular Pascua de Padrón

Evento deportivo

Sábado de Pascua

A partir das 10:45h

Praza de Macías

GPS: 42.738085, -8.660925

Máis información »

Carreira pedestre con categorías escolares e de adultos. A proba absoluta conta cun circuíto de 10.500 metros. Esta carreira está enmarcada dentro das festas da Pascua, sendo un dos eventos deportivos no noso Concello con máis edicións disputadas (40 ata o momento)

INFO: Departamento de deportes tlf. 664076974 deportes@padron.gal, deportespadron@yahoo.es

www.carreirasgalegas.com www.emesports.es www.atletismo.gal www.fgatletismo.es/santiago/ www.correrengalicia.org

Padrón Literario

Padrón Literario

Evento cultural

Durante o mes de maio 

Horario especificado na programación

Padrón

GPS: 42.738347, -8.660527

Máis información »

Padrón celebra o mes das letras cunha ampla programación de actividades en prol da difusión cultural dos persoeiros literarios vinculados a este territorio como Rosalía de Castro, Camilo José Cela, Juan Rodríguez de la Cámara, Macías O Namorado, Nicasio Pajares e Manuel Barros.

+ INFO: Padrón Literario cultura@padron.gal

San Xoán do Raio

Festa de San Xoán do Raio

Festa relixiosa

6 de maio

Dende as 11:00 ata as 20:00 horas

Padrón

GPS: 42.738347, -8.660527

Máis información »

Patrón do Concello de Padrón que se celebra o 6 de maio.

As orixes desta festividade remóntanse ao ano 1613. Nesta época, un raio caeu sobre a Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia durante o transcurso da misa dominical. O incidente tan só causou danos materiais destruíndo unha das torres da antiga colexiata pero sen afectar a ningún dos alí presentes. Desde este momento, á iniciativa do Cabildo de Iria, se constituíu a festividade, coincidindo coa época en que en Santiago, comezan a conmemorarse os Milagres que se apoian na protección das xentes e os edificios relixiosos de raios ou terremotos por parte de diferentes Santos. Ao longo destes anos perpetuouse unha tradición na que se conxuga a celebración relixiosa coa profana.

Ao redor das festividade existe un programa de actividades dirixido a todas as persoas pensionistas e maiores de 60 anos do Concello de Padrón no que destaca unha misa cantada na honra a San Xoán do Raio, actividades musicais e teatrais nas rúas, Praza de Macías ou Auditorio Municipal,  ademais dunha comida de confraternidade destinada a este colectivo.

+ INFO: cultura@padron.gal

Rosalía de Castro

Ruta Rosaliana

Evento conmemorativo

Mes de maio

Todo o día

Concellos de Ames, Brión, Dodro, Padrón e Santiago de Compostela

GPS: 42.738347, -8.660527

Máis información »

Actividade cultural que conmemora a figura de Rosalía de Castro (Conxo, 1837 – Padrón, 1885) . A ruta, que se realiza en autobús, transcorre pola popular Ruta Rosaliana, un itinerario que sinala distintas localizacións claves na vida e obra da poetisa: Panteón de Galegos Ilustres (Santiago), Ortoño e Bastavales (Brión), os lugares rosalianos de Padrón, así como a Casa-Museo de Rosalía de Castro. Ademais, esta xornada adoita contemplar na súa programación algún concerto ou recital poético.

+ INFO: turismo@padron.gal