Ruta Rosaliana

En #Padrón SOMOS literatura… #PadrónLiterario

​Querémosche falar da Ruta RosalianaAs Pegadas de Rosalía”, que podes facer por libre seguindo a información que temos publicada aquí. Tamén, desde a túa casa e como antesala á visita, recomendámosche que visites a contorna en 360º.

A proposta de #RutaRosaliana está basada no itinerario creado por Avelino Abuín de Tembra nos anos 80 adaptándoa ás tendencias de hoxe. Transcorre polos concellos de Ames, Brión, Dodro, Padrón e Santiago á beira do río Sar. Un río que para Rosalía foi un río literario, pero tamén o río da súa vida.

“A Ruta Rosaliana é un itinerario lóxico que segue a Vida de Rosalía de Castro, desde o lugar do seu nacemento, os diversos lugares onde ela viviu e remata onde repousan as súas cinzas. (…).

Percorre-los camiños que ela percorreu, meditar nos recantos en que Rosalía meditou. Identificarse intimamente con Rosalía, que é como identificarse con Galicia. Pero parece claro que a RUTA se pode adaptar ás conveniencias de cadaquén, tanto na súa extensión como na orde do percorrido. Esta é unha peregrinaxe de lembranzas íntimas. Un simple guión indicativo que se lles facilita aos viaxeiros que busquen rememorar a Rosalía como un latexo no noso corazón”.

Avelino Abuín de Tembra

Ruta Rosaliana

Consulta na nosa axenda se hai algunha saída programada

Pódeche interesar: 

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.