Novas

Padrón elabora un Plan para reactivar o turismo e o comercio

1 Jun 2020 | Turismo

O Concello de Padrón elaborou un Plan de reactivación do turismo e do comercio, dous sectores primordiais en Padrón, co obxectivo, en primeiro lugar, de reforzar a confianza do público e crear un destino seguro e libre de coronavirus. As claves deste proxecto que desenvolven dende o departamento de Turismo son apoiar a estes sectores, crear un ecosistema de axentes económicos do territorio, impulsar medidas para os procedementos hixiénico-sanitarios, potenciar o tecido empresarial da localidade, mellorar a confianza do consumidor e promover novos produtos turísticos.

O equipo de Turismo municipal elaborou este proxecto para 2020 e 2021 tendo en conta o Plan de Acción Padrón para 2017-2022, os informes publicados pola Axencia de Turismo de Galica, o Clúster de Turismo de Galicia e a Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia, as recomendación das Nacións Unidas e a opinión e necesidades dos axentes locais implicados na reactivación de Padrón, cos que a concelleira de Turismo se reunirá o día 1 de xuño ás 21:00 horas no Auditorio Municipal. Lorena Couso sinalou que “é tarefa de todos impulsar os motores económicos da nosa vila, e xuntos conseguiremos superar as consecuencias desta pandemia”.

Liñas de acción

Un total de nove liñas de acción vertebran este Plan de reactivación. A través desde proxecto intentarase coordinar as medidas públicas e privadas, dinamizar o comercio, impulsar o traballo en rede con outros destinos, crear novas produtos -como por exemplo Padrón Gastronómico-, poteciar o Camiño de Santiago a Padrón a través da ‘Pedronía’, impulsar o turismo activo e o turismo de autocaravanas, desenvolver campañas de promoción, de sensibilización e de comunicación e marketing online.

A campaña para dinamizar o tecido empresarial xa está en marcha coa entrega de 115 biombos protectores de cristal templado, coa proposta plenaria para a exención de pago de terrazas para establecementos hosteleiros, creación da campaña #PadrónVolve a través das redes sociais, a campaña ‘Cultura na Rúa’ e a axuda á instalación de medidas hixiénico-sanitarias nos establecementos comerciais.

Asimesmo, nos vindeiros meses desenvolveranse acción de promoción encamiñadas a fomentar o fluxo de visitantes, accións de sensibilización e formación sobre o potencial dos recursos da vila, e activaranse distintas campañas de marketing e comunicación.

Consulta aquí o Plan completo.

Padrón Turismo
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.