Novas

O Concello crea unha enquisa dirixida á cidadanía para colaborar coa estratexia en turismo

28 Jul 2020 | Turismo

O Concello de Padrón publica unha enquisa a través das redes sociais para coñecer a opinión de todos e todas os residentes de Padrón respecto á folla de ruta que deben seguir para a dinamización económica da vila e do sector turístico. Lorena Couso destacou “a importancia de coñecer as impresións e propostas de toda a veciñanza para articular este Plan, que dende o primeiro momento concibimos como un proxecto vivo”. Do mesmo xeito, nas vindeiras semanas convocase aos representantes de distintas asociacións, aos líderes de opinión e expertos dos eidos comercial e turístico para seguir facendo unha ronda de consultas para a configuración do Plan de Reactivación Económica.

O obxectivo do Concello de Padrón é establecer liñas de axuda para paliar os efectos da crise da Covid-19 e que os empresarios da vila poidan seguir adiante tras os meses de confinamento. Ata o de agora, o Alcalde e a Concelleira de Turismo mantiveron reunións cos comerciantes, hostaleiros, empresarios e praceiros de Padrón para recoller todas as súas demandas e ideas de cara a implantar un Plan de axuda e de melloras. Tras estes encontros, dende o executivo local xa puxeron en marcha unha serie de iniciativas de carácter urxente co fin de atraer novos consumidores á vila entre as que destacan a creación dun Marketplace como ferramenta de promoción. Trátase dun espazo no que as distintas empresas e provedores poderán mostrar os seus produtos e servizos.

Todas estas iniciativas súmanse á campaña #PadrónVolve, a través da cal o Concello entregou biombos protectores para todos os establecementos comerciais, rotulou os escaparates levando a cultura á rúa, e fomentou a promoción en redes sociais das empresas locais.

Plan de comunicación e creación de experiencias

O Plan de promoción articulado polo equipo de Turismo do Concello de Padrón tamén inclúe a creación dunha serie de vídeos nos que se promoverán os diferentes atractivos do municipio a través dos padroneses, que porán cara a esta campaña. A mensaxe principal sobre a que pivotarán estes vídeos é “#VolveAPadrón porque SOMOS… Gastronomía, Comercio, Camiño, Vida…”. Todas as persoas que queiran participar nesta acción de promoción de Padrón, poden poñerse en contacto co Concello a través do email turismo@padron.gal.

Proximamente tamén se enviarán invitacións para que empresas e provedores relacionados co turismo xeren experiencias turísticas para promocionar Padrón coa axuda do departamento de Turismo, que dará difusión á páxina web.

A enquisa para a cidadanía pode consultarse nesta ligazón: https://forms.gle/7Gh68XxQFtWemWry8

Padrón Turismo
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.