Paseo da Constitución
Lugar perfecto para o descanso, pasar unha tarde en familia ou ver o solpor, cunha zona acondicionada con todos os servizos necesarios e zona de aparcadoiro.
No punto onde se xuntan as augas dos ríos Sar e Ulla podemos sacar unha fotografía no solpor coa barca de aluminio que semella as que se empleaban na zona.
Podemos ver unha réplica do Faro de Gois do municipio francés de Noirmoutier, pobo irmandado con Padrón dende o 3 de outubro de 1992.
Se seguimos a beira do río Sar, nun percorrido de dous quilómetros dende o centro de Padrón, na súa marxe esquerda, pola senda peonil existente, chegamos á área recreativa da Desembocadura do río Sar no Ulla.
Acceso
Bo, a pé e vehículo
15900 Padrón, A Coruña
GPS: 42.719942573262, -8.6702132005229
