Manuel Barros

Padronés nado o 1 de febreiro de 1844. Tras realizar os seus estudos de Bacharelato en Santiago, no 1862 emigra a Cuba, onde foi dependente de escritorio ou caixeiro de casas comerciais, entre outros oficios.

Publicou os seus primeiros artigos periodísticos en La Voz de Cuba. No ano 1871 decidiu regresar a Galicia pero axiña, no 1872, saíu de novo da súa terra rumbo a Buenos Aires, onde colaborou en El Correo Español.

No 1875 publicou o seu único libro Ocios de un peregrino, que recolle as impresións da súa anterior viaxe a Galicia. No 1879 creou o primeiro Centro Galego de Buenos Aires, do que foi presidente. Colaborou en diversos periódicos, como La Nación Española, do que máis tarde ostentou o cargo de director. Casou o 6 de marzo do 1884 con Paula Florido y Toledo e o 26 do mesmo mes partiu rumbo á súa patria. Tras unha estancia na súa terra natal, percorreu España coa súa muller, pero ao chegar a Sevilla, o 5 de xaneiro do 1885, morre de xeito repentino.

Manuel Barros
Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.