Macías o Namorado

Trobador medieval nado en Padrón, na aldea de Sande, Carcacía no ano 1340, tal e como nos conta Juan Rodríguez, veciño de Padrón. O seu nome era Matías Cascallar e Guisande.

A súa obra literaria compóñena uns poemas en galego e en castelán con galeguismos que se recollen no Cancionero de Baena e no Cancionero de Palacio. A súa vida foi coma unha intensa novela. Cóntase que sendo escudeiro do marqués de Calatrava, D. Enrique de Aragón, namorouse dunha doncela de clase alta que se atopaba ao servizo deste. A moza casou obrigada cun fidalgo de avoengo, pero seguiu mantendo relacións en segredo co poeta. Ao decatarse o seu marido da traizón, mandou pechar a Macías na torre do castelo de Arjonilla (Jaén). Así mesmo, o ofendido marqués arreboloulle unha lanza a través dunha reixa, dándolle morte. Macías recibiu sepultura na igrexa de Santa Catalina de Arjonilla.

+ info: Folleto

Macías o Namorado
Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.