Ruta de Bandín
DESCRIPCIÓN: Ruta lineal situada aos pés do Castro Valente, que nos leva ata a fonte da Virxe.
Lugar onde a tradición indica que o día da romaría, o 24 de setembro, a xente acode a lavar as verrugas ou doenzas da pel, na auga desta fonte milagreira, para que desaparezan.
O camiño iniciase dende a ermida da Nosa Señora da Mercé. Este templo na actualidade é de estilo barroco, con planta de cruz latina con presbiterio destacado de cachotería e cantería de granito.
Entre a veciñanza sempre se comentou que a ermida construíuse na honra da aparición da escultura pétrea da Virxe, que se atopara na fonte e que hoxe en día vemos no interior da ermida.
DISTANCIA: 1,5 quilómetros
PUNTO DE INICIO: Ermida da Nosa Señora da Mercé – Lugar de Bandín – Carcacía (San Pedro de) – Padrón