Área recreativa
Santiaguiño do Monte

Santiaguiño do Monte

Para chegar á área recreativa de Santiaguiño do Monte de Padrón temos dúas opcións. A primeira delas é a pé, a través de 132 escaleiras que nacen moi preto do Convento do Carme, e a segunda, en coche, collendo a AC 299 dirección a Rois, desviándonos á man esquerda a uns 300 metros da ponte de Santiago.

Alí atoparemos un entorno incomparable para o descanso e ocio, dispoñendo dunha zona acondicionada con mesas, grellas, fontes, parque infantil…apta para o goce en familia e amizades.

Ademais dun xacemento arqueolóxico que podería remontarse á Idade de Ferro (s. III a. C.). Que a tradición identifícao como un dos santos lugares onde estivo a predicar o apóstolo Santiago na península ibérica, cara ao ano 40 d.C.

N

Acceso

Bo, a pé e vehículo

Santiaguiño do Monte
15000 Padrón, A Coruña

GPS: 42.738172, -8.6670843816205

Información adicional

Data: S.III a.C.