Santiaguiño do Monte

Romaría popular que se desenvolve entre os días 24 e 25 de xullo, ligada intimamente á tradición xacobea e á figura do Apóstolo Santiago. Celébrase no contorno dunha ermida que leva o mesmo nome e nuns penedos que, tal e  como cita a historia da tradición, foron o lugar escollido polo Apóstolo Santiago para lle predicar á xente do lugar. Trátase dunha paraxe sen parangón para pasar uns días en familia con gaiteiros, cabezudos e cunha gran sardiñada acompañada de bolos preñados e pan de millo. Cómpre destacar singularidade de que o día 24 de xullo pola tarde realízase o gran Derbi Asnal, moi arraigado entre os padroneses. Ademais, tamén se celebra o Día do Peregrino, en homenaxe aos incansables camiñantes que dende séculos deixan a súa pegada en Padrón.

TIPO: Festa relixiosa

DATA: 24 e 25 de xullo

HORA: Todo o día

LUGAR: Padrón

+ INFO: turismo@padron.gal

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.