Festa do Pemento de Herbón
Festa declarada de Interese Turístico de Galicia. Festa de exaltación do pemento de Herbón. Celébrase desde o ano 1978. A xornada festiva complétase cunha ampla programación: misa campestre, inauguración e bendición da festa; desfile agrícola ata Padrón, recepción das autoridades e ofrenda floral á escultura da Pementeira; lectura do pregón; entrega dos Pementos de Prata e dos premios Novo Pementeiro e Sabio Pementeiro; entrega de premios aos tractores engalanados; degustación gratuíta dos pementos de Herbón; música e verbena.
+ INFO: www.pementodeherbon.com