Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia – Antiga Colexiata
Antiga Sé Episcopal. A Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia é unha das igrexas máis antigas de Galicia e está considerado o primeiro templo mariano do mundo.
O pasado de Santa María de Iria remóntase á época romana, aínda que non se coñece con certeza o momento no que se levantou a basílica primitiva.
As primeiras probas documentais que sitúan a Iria Flavia como sé episcopal son do s.VI.
O bispado iriense xoga un papel fundamental no descubrimento do sepulcro apostólico. É o bispo Teodomiro quen dá conta do achado arredor do ano 820, vinculando para sempre a tradición xacobea a esta igrexa.
Por este enclave pasa a Ruta Rosaliana.
Acceso
Bo, a pé e vehículo
Horario
OS GRUPOS poden poñerse en contacto coa parroquia para visitar o templo.
Os horarios de visitas turísticas poden verse interrompidos pola celebración de actos litúrxicos.
Entrada gratuíta
Santa María - Iria Flavia
15917 Padrón, A Coruña
981 810 350
GPS: 42.745901, -8.655071675562
Información adicional
Misas:
Sábado: 19:00h
Domingo :11:30h
Outros datos: última reforma do s. XVIII