Igrexa parroquial de Santiago de Padrón
A igrexa parroquial de Santiago de Padrón foi reformada por última vez no s. XIX, aínda que dentro dos seus grosos muros atópanse elementos pertencentes a outros templos levantados anteriormente (nos ss. XII e XV).
Entrando pola porta situada no Paseo do Espolón pódese apreciar unha inscrición sobre unha pedra que nos lembra o templo levantado polo arcebispo Xelmírez no ano 1133 e onde versa <<Dominus Eclesia Procurator edificavit in era MCLXXI>>, (“O señor procurador da igrexa edificou na era MCLXXI”). Do mesmo xeito, á beira esquerda do altar maior atópase un púlpito de granito do s. XV feito dunha soa peza coa imaxe de Santiago Peregrino pertencente ao templo gótico que mandou edificar arcebispo Lope de Mendoza.
Nos altares e paredes da igrexa podemos ver diferentes elementos da tradición xacobea e representacións do apóstolo Santiago. Contemplamos nun dos altares a Santiago sobre o seu cabalo branco. Moi preto está Santiago Peregrino, talla do s. XVII atribuída a José Gambino, coñecida como O Parrandeiro, que cada 25 de xullo é levada en procesión aos ombreiros dos mozos da vila ata a ermida do Santiaguiño.
Acceso
Bo a pé e vehículo
Horario
VISITAS
Luns a sábado: de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00h
Domingos e festivos: de 10.00 a 13.00 h
Fóra de este horario OS GRUPOS poden poñerse en contacto coa parroquia para visitar o templo.
Os horarios de visitas turísticas poden verse interrompidos pola celebración de actos litúrxicos.
Entrada gratuíta
Praza de Fillos e Amigos de Padrón s/n
15900 Padrón, A Coruña
981 810 350
GPS: 42.739123, -8.6614993778688
Información adicional
Misas:
Inverno (do 1 outubro ao 31 de maio)
Martes a sábado: 19:30h
Domingo: 12:30h
Verán (de 1 de xuño ao 30 de setembro)
Luns a Sábado: 20:30h
Domingo: 09:30h e 12:30h
Outros datos: última reforma no s.XIX