Cruceiro de Fondo da Vila

Cruceiro do Fondo da Vila

No extremo sur da zona antiga de Padrón está a praza na que se atopa o cruceiro plateresco de Fondo da Vila.

Esta peza foi doada por Juan Loreda no S.XV. Nel figuran diferentes representacións alegóricas: caveiras, tibias, píntegas e outros animais, ademais da representación de San Xoán e do apóstolo Santiago no fuste. Na cruz pódese ver a Xesús crucificado nunha das caras e na outra a representación do descendemento.

É de destacar que este cruceiro foi eloxiado polo autor Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, de Rianxo, vila ligada á de Padrón.

N

Acceso

Bo a pé

Porta de Fondo da Vila
15000 Padrón, A Coruña

GPS: 42.736761, -8.660521

Información adicional

Data de construción: S. XV