Convento de Santo Antonio de Herbón

Santo Antonio de Herbón

Nas fértiles terras da parroquia padronesa de Herbón sitúase o Convento de Santo Antonio, mostra franciscana por excelencia.

Neste val bañado polas augas do Sar e do Ulla, instalouse esta orde en 1396 e perdurou no tempo durante máis de seis séculos, chegando aos nosos días.
Este centro de culto relixioso convida a todo visitante que se aproxime a sentir e respirar a calma, a sobriedade, a tranquilidade e o sosego que reina nos seus centenarios muros.

Para acceder ao convento hai que pasar por unha ancha rampla con lixeira pendente que nos conduce á porta da capela, onde á dereita se pode contemplar unha fonte que representa un dos franciscanos en postura de oración. Na fonte reza unha inscrición que nos indica que foi construída en 1786, aínda que como se indicou con anterioridade, os relixiosos xa andaban por estas terras desde 1396.

Este convento é o punto orixinario nas nosas terras de onde sae un dos recursos máis prezados da nosa zona, os pementos de Herbón, traídos desde as Américas por un dos franciscanos que percorreu aquelas terras e que permitiron proxectar a Padrón ao escenario gastronómico nacional e internacional.

Por este enclave pasa a Ruta do Pemento e moi cerca atópanse as pesqueiras do río Ulla.

Visita virtual 360ºdo convento de Santo Antonio de Herbón.

 

N

Acceso

Bo, a pé

Horario

Dende o mes de abril, cando abre o albergue para peregrinos que hai nestas instalacións, realízanse visitas guiadas todos os días ás 18.00h (desde abril a outubro).

Os horarios de visitas turísticas poden verse interrompidos pola celebración de actos litúrxicos.

Entrada gratuíta

Convento de Herbón - Herbón
15915 Padrón, A Coruña

981 811 779

GPS: 42.732592, -8.6307394036302

Información adicional

Misas:

Verán:
Luns a domingo ás 20.00h

Inverno:
Luns a domingo ás 18:00h

Data de construción: S. XIV

Elemento patrimonial que podemos visitar dentro da Ruta do Pemento

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.