Cemiterio de Adina de Iria Flavia

Cruceiro do Fondo da Vila

É sabido que os terreos que rodean a igrexa de Iria Flavia foron utilizados dende tempos antigos como lugar de enterramento e así o demostran vestixios arqueolóxicos de época romana e sueva. Os sartegos antropomorfos que hoxe ocupan o adro datan do s. VI.

O actual cemiterio conta entre os seus muros con dous cruceiros e catro oliveiras centenarias que forman parte do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. Baixo unha delas, está situada a sepultura de Camilo José Cela (Iria Flavia, 1916 – Madrid, 2002)

 Outra soada escritora galega, Rosalía de Castro (Conxo, 1837 – Padrón 1885), expresou o seu desexo de ser enterrada neste camposanto, onde repousaron os seus restos ata 1891, momento no que estes foron trasladados ao mausoleo do Panteón de Galegos Ilustres situado en Santiago de Compostela. Agora ben, neste cemiterio consérvase unha lápida na súa honra.

[…] O simiterio da Adina
n’hai duda que é encantador,
cos seus olivos escuros
de vella recordazón […]

[…] Moito te quixen un tempo,
simiterio encantador,
cos teus olivos escuros,

máis vellos que os meus abós […]

Rosalía de Castro

N

Acceso

Bo a pé e vehículo

Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia

GPS: 42.745901, -8.655071675562