Ponte Romana

Ponte Romana de Padrón

Se nos adentramos en Padrón dende o sur, pola provincia de Pontevedra, cruzaremos as augas do famoso río Ulla por unha ponte cuxas bases foron romanas. Actualmente consta de trece vans, uns con bóvedas oxivais e outros de medio punto. Aínda  se pode apreciar a maxestade da época romana nesta edificación, a pesar das reformas cometidas co paso dos anos.

Construído entre os anos 25 a.C. e o século I d.C. sendo o emperador de Roma Octavio Augusto. Vía de comunicación de máxima importancia, a reforma máis importante dende a súa construción foi realizada polo Mestre Mateo no ano 1.161, autor do Pórtico da Gloria.

O Ulla é fronteira natural entre as provincias de Pontevedra e da Coruña, a ponte serve para comunicar as dúas provincias e máis en concreto dúas vilas veciñas como Pontecesures e Padrón, converténdose así en símbolo de unión.

N

Acceso

Bo a pé e vehículo

N - 550 KM. 84
15900 Padrón, A Coruña

GPS: 42.725533, -8.6546047157323

Información adicional

Data de construción: S.I