Ponte de Santiago
A Ponte de Santiago foi construída no 1852, substituíndo outra que foi arrasada pola enchente do río.
Une o lugar de A Trabanca, zona de barrios orixinarios, onde se atopa o Convento e a Fonte do Carme, co núcleo antigo de Padrón. Tamén na mesma rúa, podemos subir as escaleiras que levan ao monte de San Gregorio, coñecido como Monte do Santiaguiño.
No seu extremo oposto, xunto á igrexa de Santiago , atopábase ata o século XIX a TORRE MOUCHA, chamada así polo lamentable estado en que a deixou a revolta Irmandiña no século XV (1476).
Acceso
Bo a pé e vehículo
Rúa Santiago s/n
15000 Padrón, A Coruña
GPS: 42.739032, -8.662038
Información adicional
Data de construción: 1852