Monumento a Camilo

Camilo José Cela

Monumento ao escritor padronés D. Camilo José Cela (Iria Flavia, 1916 – Madrid, 2002) Marqués de Iria Flavia, Fillo Predilecto de Padrón e Premio Nobel de Literatura.

O monumento, obra do escultor Manuel Ferreiro Badía,  está dividido en tres partes: pedestal pétreo sobre o que se asenta a figura sedente do escritor realizada en bronce e dúas esferas que simbolizan a creación e o coñecemento.

O acto de inauguración contou ca presenza da viúva do Nobel, Marina Castaño, entón presidenta da Fundación PG Camilo José Cela, e o conselleiro de Cultura Jesús Pérez Varela e concluíu cunha oferta floral simbólica na lembranza do escritor.

N

Acceso

Bo, a pé

Paseo do Espolón, s/n
15900 Padrón, A Coruña

GPS: 42.73686811, -8.66158964

Información adicional

Data de construción: 18 abril 2004