Fonte do Carme

Fonte do Carme

En Padrón, xunto á ponte de Santiago, podemos facer unha parada ante a fonte do Carme para beber un grolo das súas augas naturais.

Foi construída por Pedro de la Bárcena no 1577.

Consta de tres corpos: no corpo inferior atópase a Virxe das Dores, protectora das parturientes; no corpo central, a representación da translación do apóstolo Santiago polos seus discípulos a estas terras; no corpo superior, o bautismo da raíña Lupa polo apóstolo Santiago.

Foi reconstruída no século XVIII, segundo indica a inscrición do seu arco, durante o reinado de Carlos IV, sendo alcalde de Padrón don Joaquín Foxi Bendaña, no ano 1789. O interior da fonte alberga unha placa onde se fai constar que o ilustrísimo señor don Manuel de Sanlocar, bispo de Sidonia, concedía 40 días de indulxencias as todas as persoas que devotamente rezasen unha salve diante da imaxe da Virxe.

N

Acceso

Bo a pé e vehículo

Rúa Santiago s/n
15900 Padrón, A Coruña

GPS: 42.739055, -8.6626136890685

Información adicional

Data de construción: 1577