Casa Museo
Rosalía de Castro

Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Rosalía
Casa Rosalía

Rosalía de Castro (Conxo, 1837 – Padrón 1885), filla da fidalga María Teresa de Castro e Abadía, con orixe en Arretén (Padrón), nace en Santiago de Compostela no 1837 e é bautizada como filla de pais incógnitos. Críase coa súa nai en Padrón; despois trasládase con ela a Compostela, onde recibe a súa formación académica; e logo a  Madrid, lugar onde se publica o seu primeiro libro de poemas La flor, (1857) e onde coñece e casa co historiador galego, Manuel Murguía.

Escritora de prosa e verso, co libro Cantares Gallegos (1863) sitúase á fronte do Rexurdimento cultural de Galicia e con Follas Novas (1880) eleva a poesía galega aos máis altos cumes da súa historia. En castelán destaca coa novela El caballero de las botas azules (1867) e coa súa derradeira obra En las orillas de Sar (1884).

Andou na súa vida deambulando por diferentes vilas e cidades de Galicia e de fóra, e pasa os seus últimos anos na Casa da Matanza (Padrón), onde falece no 1885, aos corenta e oito anos. É enterrada no cemiterio de Adina (Santa María de Iria, Padrón) e no 1891 é trasladada ao Panteón de Galegos e Galegas Ilustres de San Domingos de Bonaval (Santiago).

No outono de 1947 créase o  Padroado de Rosalía de Castro co fin de arranxar a Casa da Matanza, que sería restaurada no 1971 e convertida en Casa-Museo no 1972. A Fundación, que continúa co labor do Padroado, é a actual propietaria.

Neste espazo proponse un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía.

Dende a súa apertura ao público, a Casa-Museo de Rosalía de Castro convértese nunha referencia emblemática da cultura galega xa que é a casa que garda a memoria da considerada escritora nacional de Galicia.

N

Acceso

Bo, a pé e vehículo

Horario

Inverno:
– martes a sábado: 10:00 a 13:30h e 16:00 a 19:00 h
– domingo: 10:00 a 13:30 h
– luns: pechado

Verán:
– martes a sábado: 10:00 a 14:00h e 16:00 a 20:00 h
– domingo e festivos: 10:00 a 13:30 h
– luns: pechado

Tarifa: gratis menores de 6 anos

  • Entrada individual: 3,00€
  • Entrada grupos (máis de 20 persoas): 2,00€
  • Centros educativos (maiores de 6 anos): 1,00€
  • Centros educativos (menores de 6 anos): de balde

Rúa Maruxa Villanueva - A Matanza, s/n
15917 Padrón, A Coruña

981 811 204

GPS: 42.738416, -8.651969

Información adicional

Data de construción: 1972

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.