Ruta Xacobea do Mar de Arousa e río Ulla

A Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla é a ruta que conmemora a Traslación dos restos do Apóstolo Santiago desde Haffa (Palestina) a terras galegas. Foi recoñecida oficialmente Camiño de Santiago, de acordo á a Lei da Xunta de Galicia 3/1996 de 10 de maio de Protección dos Camiños de Santiago.

Obtención:

É preciso comezar a ruta de peregrinación desde un dos dous portos de saída: o porto deportivo de Pedras Negras en San Vicente do Mar (O Grove), ou o porto de Ribeira.  Tamén é posible iniciar a singladura desde portos xeograficamente anteriores, incluso internacionais.

+ info sobrea ruta pincha aquí

Camiño de Santiago en Padrón

OBTÉN O TÍTULO

Requisitos

1. Descarga a “Carta de Navegación ou solicítaa nun dos dous portos de saída.

2. No porto de saída debe ser colocado o primeiro selo. A persoa navegante debe obter, polo menos, dous selos máis nalgúns dos portos dos concellos que se sitúan nas marxes da ría de Arousa ou do río Ulla. Cada selo debe corresponder, como mínimo, a un porto de cada lado da ría de Arousa, onde se debe permanecer, polo menos, unha hora. Non se establece límite temporal para a realización da ruta.

3. Á chegada a Padrón, é preciso obter o selo do Concello e o da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla

4. Visitar os lugares xacobeos: o Pedrón e a igrexa de Santiago de Padrón; a fonte do Carme, coa representación da Traslatio e do bautismo da raíña Lupa; e Santiaguiño do Monte, identificado como o lugar onde o Apóstolo predicaba e se agochaba dos seus perseguidores e a igrexa de Santa María de Iria Flavia, antiga sé episcopal.

5. Solicitar o diploma da Traslatio na oficina de turismo.

Quen o desexe, pode culminar a ruta da Traslatio a pé ata a cidade de Santiago de Compostela, onde é posible acadar un novo selo.