Novas

Turismo de Padrón crea “Dona Pedronía”

12 Ago 2021 | Turismo

Turismo de Padrón vén de poñer en marcha unha nova iniciativa para a promoción do Camiño da Pedronía, nesta ocasión entre os máis cativos do municipio. Trátase da creación do personaxe “Dona Pedronía”, que pretende achegar aos nenos e nenas as orixes de Padrón como berce do fenómeno Xacobeo e explicar as razóns polas que se realiza o Camiño da Pedronía.

Desde Turismo de Padrón creáronse unhas fichas didácticas para os nenos e nenas con distintos xogos sobre a Pedronía e o fenómeno xacobeo. “A nosa intención é realizar actividades durante o curso nos centros escolares de Padrón con Dona Pedronía e as fichas didácticas”, explica Lorena Couso, concelleira de Cultura, quen destaca que “hai uns días fixemos unha proba piloto coa rapazada que participa no Concilia Verán e resultou todo un éxito”.

Ademais do personaxe, froito da fusión de cinco elementos característicos do municipio (o Pedrón, os pementos, Rosalía de Castro, o Xacobeo e os peregrinos), a Pedronía é unha credencial propia que desde o ano 2010 concede o Concello de Padrón ás persoas que realicen o Camiño de Santiago a Padrón. Pode ser un percorrido desde calquera localidade da Ría de Arousa a Padrón por vía marítima-fluvial ou desde calquera municipio emprazado a máis de 18 quilómetros de Padrón.

 

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.