Novas

Poesía e lenda Franciscana con Emilia Pardo Bazán en Padrón

14 Xuñ 2021 | Turismo

No marco de celebración do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, o Concello de Padrón súmase ás múltiples homenaxes que se están a realizar nestes meses para honrar a esta figura literaria a través da organización das primeiras Tertulias Clandestinas.

O sábado 26 de xuño a partir das 11:00 horas terán lugar no Convento de Santo Antonio de Herbón, espazo de referencia franciscana, as primeiras Tertulias Clandestinas. Trátase dun evento que se celebra coa intención de achegar a figura de Francisco de Asís a través desta gran muller visionaria que foi Emilia Pardo Bazán.

O equipo do departamento de Turismo do Concello de Padrón, que lidera Lorena Couso, atópase inmerso na organización deste evento. Segundo explicou a concelleira de Turismo, “a vinculación de Emilia Pardo Bazán e San Francisco de Asís é algo descoñecido para moitas persoas, polo que o noso obxectivo coa organización deste evento é achegar esta información á cidadanía”.

No acto vaise poñer en valor a vertente máis espiritual de Emilia Pardo Bazán, autora dunha biografía sobre este gran home Santo, como ela chamaba. Preséntase nesta xornada o seu personaxe máis natural e espontáneo… A autora escribiu o libro grazas á acollida da Comunidade Franciscana do Convento de Santiago, quenes lles facilitaban a documentación e revisaban os seus escritos.

Os asistentes poderán vivir unha experiencia máxica case mística acompañados por unha actriz caraterizada de Emilia Pardo Bazán e polo espírito de San Francisco de Asís presente en cada recuncho deste lugar franciscano do Convento de Herbón.

Francisco Castro Miramontes, sacerdote franciscano, autor de numerosos títulos e escritor premiado polos seus relatos curtos, será o responsable da acollida franciscana na Igrexa de Herbón. É un gran amante da natureza, un apaixoado do Camiño de Santiago que difunde unha espiritualide 2.0 comunicando a través das canles sociais creando meditacións, reflexións, contido audiovisual… Un gran home, como o chamaría Emilia Pardo Bazán de ter vivido nesta época.

Na segunda parte do evento celebrarase a Tertulia Clandestina entre Emilia Pardo Bazán e José Manuel García, que abordarán o legado que deixaron estes dous protagonistas.

A xornada remata coa bendición franciscana a cargo de F. Francisco Honrubia, responsable do Convento que autorizou a celebración deste evento e puxo a disposición do Concello os medios necesarios para a súa execución. Por outra banda, de xeito paralelo estase xa a preparar a conmemoración desta primeira tertulia, polo que proximamente informarase sobre todos os detalles.

Por motivos de organización, as prazas para participar nesta actividade son limitadas e é preciso inscribirse previamente a través da Oficina de Turismo do Concello de Padrón. As inscricións tamén se poden tramitar a través do correo electrónico turismo@padron.gal  ou chamando ao número de teléfono 646 593 319.

 

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.