As persoas integrantes do xurado outorgaron os premios segundo a valoración que fixeron cos seguintes criterios: orixinalidade/creatividade na ornamentación (ata cinco puntos), inclusión de elementos de identidade local (ata dez puntos) e emprego de materiais de refugallo ou eco-sostibles (ata cinco puntos).
Na categoría de ‘particulares’, a persoa participante gañadora foi Carmela Ares Lorenzo cun premio de 250€.
Na categoría de ‘empresa’, o establecemento gañador foi Panadería San José cun premio de 500€.
O premio especial, valorado en 100€, outorgouse á decoración de Nadal que mais ‘Gústame’ tivo no álbum de imaxes que se colgou na páxina de Facebook de Padrón Turismo con todas as decoracións participantes entre os días 11 e 17 de decembro.
A persoa participante gañadora foi Carmela Ares Lorenzo con 585 votos.
As persoas gañadoras que participaron na votación popular que se realizou a través da rede social Facebook na páxina de Padrón Turismo na que se outorgou o premio especial, e que obteñen un vale con valor de 20€ para consumir nalgún dos establecementos que forman parte da Asociación de hostalería de Padrón, foron:
- Sergio Rodríguez Cespón
- María del Carmen Castrootero
- Carmen Miguens Vidal
- David Fragua
- Roi Brote
ACTA DO FALLO EMITIDO POLO XURADO
RECONTO DA PUNTUACIÓN EMITIDA POLO XURADO