Novas

Padrón inviste na mellora da sinalización do Xardín Botánico-Artístico

16 Abr 2021 | Turismo

O Xardín Botánico-Artístico de Padrón estrea sinalización. O Concello instalou un total de 50 placas ao lado das distintas especies que constitúen este xardín para identificalas. Nos paneis aparece o nome en galego e o nome científico da planta e ademais inclúese un código QR que conduce á páxina web https://xardinbotanico.padronturismo.gal/. Nesta dirección os usuarios e usuarias poderán ampliar a información e descargar fichas técnicas das especies.

Con estas 50 sinalizacións completase a primeira fase dun proxecto que seguirá executándose nos vindeiros meses. A concelleira de Turismo, Lorena Couso, sinalou que “malia que pola pandemia da Covid-19 tivemos que parar as visitas guiadas a este Xardín, este constitúe un dos principais reclamos de Padrón para turistas, peregrinos e visitantes. Por tanto dende o Executivo seguiremos actualizando e mellorando os recursos deste espazo”.

O equipo do departamento de Turismo do Concello de Padrón elaborou unha extensa guía con todas as especies que dan forma a paisaxe deste enclave único do municipio. O catálogo distingue cinco categorías –especies singulares, especies monumentais, especies conmemorativas, por descubrir e elementos monumentais-. Este arquivo é o resultado dun minucioso traballo realizado polos técnicos de turismo de Padrón.

O xardín Botánico-Artístico de Padrón, declarado Ben de Interese Cultural en 1946, é un dos principais reclamos da localidade polo amplío abanico de especies que contén e porque está considerado como un dos principais xardíns da xeografía española. Ten unha extensión de aproximadamente unha hectárea e preserva preto de 300 especies, algunhas tan singulares como a palmeira de Senegal, a coroa de Cristo, o castaño de Indias, o carballo fastixiado ou a sequoia vermella-.

 

Padrón Turismo
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.